Sanidade está a elaborar un decreto para o persoal investigador que en breve someterá a consulta pública
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
14 05 2019

“Na Consellería de Sanidade e na Axencia Galega para a xestión do coñecemento en saúde (ACIS), como ente instrumental coas competencias en materia de investigación, innovación e docencia no noso sistema sanitario, estamos a traballar nun proxecto de persoal investigador, sobre o que, próximamente, vaise facer unha consulta pública co obxecto de desenvolver un modelo que dea resposta adecuada e factible na nosa contorna sanitaria”. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na inaguración oficial de Biointegrasaúde 2019, acto que tivo lugar na aula magna do Pavillón Docente Novoa Santos.

Almuiña destacou, igualmente, que o gran esforzo, a perseverancia e a vocación, son significativos “do potencial e do prestixioso capital humano que posúe o noso sistema de saúde”. Para o conselleiro, Biointegrasaúde “ten que ser unha valiosa oportunidade de reflexión conxunta de todos os que formamos o sistema galego de saúde, cada un de nós coa nosa achega e dende as nosas responsabilidades”.
 
Trátase, -proseguiu Almuiña-, de ir “afastando obstáculos e, ao mesmo tempo, compartindo rutas e tendendo pontes que conduzan a que a investigación sanitaria en Galicia acade o lugar e o recoñecemento que merece, acorde ao esforzo e tesón dos nosos profesionais, e que, ademais, a nosa poboación perciba que a traslación da investigación contribúa ao seu benestar”.
 
Tal e como remarcou o conselleiro, “todas as institucións integrantes dos nosos institutos, universidades e hospitais deben crer no modelo e demostrar o seu compromiso, dende unha xeración do coñecemento en común ata os recursos de xestión e financiamento compartidos e investidos nesta estrutura que todos eles deben sustentar e fortalecer”.
 
Dende Sanidade, “mantemos unha interlocución constante para facer chegar as nosas solicitudes de recursos e facer entender as nosas peculiaridades do entorno investigador biosanitario, e para trasladar a necesidade de adecuación e dispoñibilidade dos recursos financeiros para a sanidade nos seus órganos xestores, -concluíu Almuiña-. 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss