Acreditan 3 unidades docentes multiproesionais na Xerencia de Santiago
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 05 2019
 

Santiago, 13 de maio de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela ven de recibir a acreditación de 3 unidades docentes multiprofesionais, quere isto dicir que formarán- amais de a residentes de medicina e de psicoloxía- a residentes especializados de enfermaría. As prazas acreditadas polo Ministerio de Sanidad son 2 no caso de Saúde Mental, 2 en Pediatría, e 12 no caso de Atención Familiar e Comunitaria.

 


A xerencia de Santiago xa recibía todos os anos solicitudes de rotacións externas procedentes de diversas unidades docentes de todo o país. O ano pasado foron 9 enfermeiros internos residentes de diversas especialidades. Esta acreditación pon de manifesto o recoñecemento, por parte das Unidades Docentes de orixe, do valor engadido que pode ofrecer a Xerencia Integrada de Santiago na formación do enfermeiro especialista.


Día da enfermaría

Hoxe a Xerencia de Santiago sumouse á celebración do Día Internacional da Enfermería que se conmemorou onte, coincidindo coa data de nacemento de Florence Nightingale. Para ilo a Dirección de Procesos de Enfermaría colocou unhas mesas na entrada do Hospital Clínico Universitario convidando aos usuarios e profesionais a facerse un chequeo de saúde. En total foron unhas 300 as persoas que se achegaron a medirse a tensión, realizar un control de glucemia, control de dióxido de carbono nos fumadores, medición da porcentaxe de graxa corporal,... Amais, tamén se ofrecía educación para a saúde.

Con esta medidas o persoal de enfermería e estudiantes da área compostelá pretenden visibilizar o seu traballo, achegarse ao cidadán e amosar como contribúen diariamente á mellora da saúde dos pacientes e á prevención de doenzas.

Saúdos. Gabinete de Comunicación e Imaxe da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago

 


 

 
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss