A área sanitaria de Santiago de Compostela súmase á convocatoria do 13 de maio como día do neno hospitalizado
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
13 05 2019
 
Santiago, 13 de maio de 2019.- A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago súmase á iniciativa de numerosas entidades, fundacións e asociacións nacionais relacionadas co apoio aos nenos hospitalizados que se uniron para solicitar a declaración do 13 de Maio como Día Nacional do Neno Hospitalizado. Ese día do ano 1986, aprobouse a Resolución A2-25/86 do Parlamento Europeo sobre a Carta Europea dos Nenos Hospitalizados.

 

Co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre os efectos que a hospitalización ten nos máis pequenos, a xerencia de Xestión Integrada de Santiago súmase un ano máis a esta convocatoria e desde a Aula Hospitalaria do servizo de pediatría, nenos hospitalizados, xunto a profesionais, nais e pais, así como representantes de asociacións como ASANOG ou a Fundación Andrea fixeron un lanzamento de bicos para todos os nenos ingresados, xunto a numerosos hospitais de toda España.
No marco desta celebración, este ano presentouse O diario de contos de Gabriela, escrito polo doutor Manuel Martínez, que conta con ilustracións de nenos hospitalizados no Hospital Clínico e cuxa edición foi posible grazas ao labor conxunto da USC, da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da xerencia sanitaria de Santiago. Así pois, á presentación desta mañá acudiron, ademais de Eloína Núñez, xerenta de Xestión Integrada de Santiago, Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; Mar Lorenzo, vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, o director de Publicacións da USC, Juan Blanco; o xefe do Servizo de Pediatría, Federico Martinón e a directora da Aula Hospitalaria do Hospital Clínico, Elena Sobrino.
A xerencia sanitaria compostelá quere agradecer no día de hoxe tanto ás asociacións impulsoras desta iniciativa e como ás que traballan acotío a prol dos doentes pediátricos o seu labor de acompañamento e apoio.
Esta mañá os nenos e nenas hospitalizados lanzaron bicos aos outros rapaces hospitalizados no resto dos centros nacionais e, ademais das actividades habituais, desenvolveron actividades específicas.
Desde a xerencia e os profesionais trabállase, unha vez acadadas altas cotas na excelencia clínica da atención sanitaria, na implantación de melloras que redunden nunha atención máis integral e humanizada aos doentes, especialmente os máis pequenos. Tarefa na que vai da man das asociacións que colaboran na implantación de máis melloras cada día.
A Aula Hospitalaria permite aos doentes pediátricos proseguir coa súa formación escolar durante a estadía no hospital, en particular no caso dunha hospitalización prolongada, e conta cunha aula informática, libros e xoguetes adaptados ás diferentes idades e circunstancias. Programa ademais numerosas actividades diarias, tanto lúdicas como formativas.

 

saúdos
 

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss