O Sergas publica as puntuacións do proceso para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
16 05 2019

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, as puntuacións provisionais da fase de concurso obtidas polos aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de médico de familia, técnico superior en documentación sanitaria, grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e enxeñeiro técnico.

O número total de prazas ofertadas ascende a 286, sendo a categoría de médico de familia na que se ofertan o maior número de prazas, 241. O resto, repártense do seguinte xeito, técnico superior en documentación sanitaria, 11; grupo técnico da función administrativa, 9; grupo de xestión da función administrativa, 18; e enxeñeiro técnico, 7.

As listas coas puntuacións provisionais, desagregadas por categorías, atópanse publicadas a disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es/emprego público).
 

Este proceso de selección de persoal fixo tramítase a través do sistema de información Fides/expedient-e, sumándose así aos restantes procesos de selección temporal e mobilidade voluntaria, que xa se están a tramitar con apoio nesta aplicación, dotando á selección e provisión de prazas do Sergas da maior obxectividade e transparencia permitindo aos profesionais a consulta individualizada e detallada do estado de validación de cada un dos méritos achegados ao proceso e os resultados da baremación desagregada.

Para poder consultar o detalle da puntuación obtida nos distintos apartados do baremo, cada aspirante poderá acceder ao seu expediente profesional electrónico en FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos.
 

Os aspirantes dispoñen dun prazo de dez días hábiles para presentar reclamación contra os resultados da baremación provisional. A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas da fase de concurso, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Próximas actuacións
Finalizado o prazo de reclamación e revisadas estas polos respectivos tribunais, procederase a publicar os resultados definitivos da fase de concurso e a relación de aspirantes definitivamente seleccionados neste proceso.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss