O SERGAS MANTÉN A SÚA PROPOSTA OFERTADA AOS REPRESENTANTES DOS PUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA E REITERA A SÚA DISPOSICIÓN AO DIÁLOGO
EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Sistema de lectura automática do Sergas Lectura automática
» Axuda
.
20 05 2019

O Sergas mantén a proposta ofertada aos Puntos de Atención Continuada e fai un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores para continuar o diálogo. Neste senso, o Sergas reitera que ten aceptado a inmensa maioría das reivindicacións solicitadas.

En concreto, a administración sanitaria lembra que aceptou nove das once medidas plantexadas polas organizacións sindicais. Entre as últimas melloras incorporadas á proposta aos representantes dos Puntos de Atención Continuada destaca o incremento retributivo pola realización de noites e festivos/domingos nun 60% en 2020 e do 40%  en 2021, o que suporá de media un incremento de 600 euros anuais por noites e 1.400 anuais por festivos/domingos.
 
Ademáis, entre as melloras xa incluídas noutras propostas ofertouse o abono de dúas dietas de manutención en domingos e festivos, que se ampliou a cando o servizo sexa de 24 horas, polo que se mellorou a petición inicial. Tamén se atendeu a petición de disponibilidade de uniformidade suficiente, con imaxe corporativa única e equipos de protección individual (EPI).
 
Outra das reivindicacións ofertadas polo Sergas é a maior participación do profesional na fixación de obxectivos do servizo, coa eliminación do indicador de derivación hospitalaria como obxectivo do servizo vinculado á produtividade; ou a aplicación da neutralidade das situacións de incapacidade temporal e permisos retribuídos, de forma que non teñan incidencia na liquidación da xornada complementaria.
 
En  relación co incremento de persoal, aceptouse a garantía de reforzos de profesionais que sexan necesarios tendo en conta criterios obxectivos como a sobrecarga asistencial,  distribucion etaria, dispersión, desprazamentos ou outras circunstancias que o xustifiquen. Tamén aceptouse a dotación de equipos completos de profesional medicina/enfermería e realización no último trimestre de 2019 dunha análise da dotación de novas prazas no marco global da atención primaria.

 

EnviarImprimirPDF
FacebookTwitterMeneameTuenti
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss