A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) convida a toda a cidadanía a doar sangue nesta fin de semana, en especial ás persoas do grupo cero negativo, cuxas reservas se atopan en niveis baixos.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo da cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue e conseguir entre 400 e 500 doazóns diarias que garantan os compoñentes sanguíneos necesarios para que os hospitais galegos desenvolvan o seu labor asistencial.
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvarlles a vida.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días máis de 40 concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Vernes
1 de setembro
|
Irixoa,
Carballo, Cantón-Obelisco (A Coruña), Ribeira, Pobra do
Caramiñal, Cambados, A Guarda, Covelo, Chantada, Verín
|
Sábado
2 de setembro
|
Covas,
Parque de Eirís (A Coruña), Ribeira, Gondomar, Verín
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DE OURENSE
|
Luns
e venres das 15:00 ás 22:00 horas
Martes,
mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres das 08.00 ás 15.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.