Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
SANIDADE INCORPORA A PLATAFORMA “TELEA” NO SEGUIMENTO DE CONTACTOS ESTREITOS
11 01 2021

​Os contactos estreitos en seguimento poden agora completar a enquisa diaria a través  da Plataforma Tecnolóxica de Asistencia Domiciliaria, TELEA. Unha Información á que ten acceso o médico e persoal de enfermería de Atención Primaria. 

A Consellería de Sanidade sinala que se trata dunha ferramenta máis de cara a frear a propagación da covid-19, e anima aos cidadáns que sexan coñecedores de seren contacto estreito dun caso positivo polo virus,  a que accedan ao aplicativo para deixar os seus datos, respostando a un cuestionario.  O acceso á plataforma TELEA é sinxelo telea.sergas.gal
 
Ademais, na busca activa de positivos covid asintomáticos, a Xunta lembra que os estudantes que regresen ás aulas dende o seu lugar de orixe,  poden inscribirse no rexistro de viaxeiros para ser citados e realizar unha proba diagnóstica.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud
Internet y tú | Contacte
rss