GALICIA REXISTRA UN TOTAL DE 15.028 CASOS ACTIVOS POR CORONAVIRUS
14 05 2022

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.028, deles 3.066 son da área da Coruña, 2.000 da de Lugo, 2.057 da de Ourense, 1.608 da de Pontevedra, 2.685 da área de Vigo, 2.393 da de Santiago e 1.205 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 608 en unidades de hospitalización e 14.395 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 585.509 persoas curadas, rexistrándose 3.429 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 11 de maio:
Home de 78 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Muller de 73 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 12 de maio:
Muller de 94 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 83 anos, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.
Home de 90 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 96 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Muller de 87 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Muller de 91 anos, na área sanitaria de Vigo.
Muller de 98 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 90 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
Home de 98 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Home de 91 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 95 anos, na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Home de 91 anos, na área sanitaria de Ferrol.
Muller de 83 anos, na área sanitaria de Vigo.
Home de 83 anos, na área sanitaria de Vigo.

Día 13 de maio:
Muller de 90 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
 
As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.880.517.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.651.520.
 
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
 
Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver  dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
 
Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras
As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest deberán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo dun xeito sinxelo cumprimentando a declaración responsable dispoñible na web do Sergas.
 
Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.
 
Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven  reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.
 
Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.
 
É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.
 

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud