SANIDADE CONFIRMA O PRIMEIRO CASO DE VARIOLA DO MONO EN GALICIA
27 05 2022

​ 

A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de recibir, por parte do Instituto de Saúde Carlos III, a confirmación do primeiro caso positivo en Galicia pola denominada varíola do mono.
 
A persoa afectada polo virus é un varón que pertence a área sanitaria da Coruña e Cee, e permanece illado no seu domicilio. A Dirección Xeral de Saúde Pública xa se puxo en contacto cos contactos estreitos deste positivo e trasladou as recomendacións pertinentes.
 
A partir da vindeira semana, Galicia estará en disposición de realizar as PCR de confirmación diagnóstica deste virus.
 
A confirmación prodúcese logo de que a Dirección Xeral de Saúde Pública enviase ao Centro Nacional de Microbioloxía as mostras de dous novos posibles casos de infección, ascendendo ata sete, o número total de persoas que presentaron un cadro compatible coa varíola do mono.
 
Desde que recibiu a alerta internacional sobre a varíola do mono, o pasado martes 17 de maio, o departamento sanitario da Xunta mantense vixiante para poder identificar e confirmar/desbotar, os posibles casos desta enfermidade.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud