A XUNTA DESTINA MÁIS DE 4,7 MILLÓNS DE EUROS PARA ACOLABORACIÓN ENTRE O SERGAS E AS TRES UNIVERSIDADESPÚBLICAS GALEGAS
30 06 2022

O Consello da Xunta autorizou na súa xuntanza de hoxe a prórroga dos concertos subscritos entre o Servizo Galego de Saúde e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo. A renovación desta colaboración coas tres universidades públicas galegas permite a utilización das institucións sanitarias para obxectivos docentes, asistenciais e de investigación. 

Esta colaboración –iniciada no 2001- conta cun orzamento global que ascende a 4.769.626 euros para un período dun ano: o segundo semestre de 2022 e o primeiro semestre de 2023. 

Esta achega representa un dobre compromiso por parte da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde. Por unha banda, cos seus profesionais para que compatibilicen a actividade asistencial coa actividade docente e investigadora. Pola outra, representa o compromiso co alumnado ao poñer á disposición do sistema universitario galego todos os seus recursos. 

O orzamento dos concertos está destinado a financiar todo o custo de persoal derivado da dispoñibilidade para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais. Tamén o cumprimento dos acordos e obxectivos específicos adquiridos coa colaboración como a formación dos alumnos de ciencias da saúde para conseguir os mellores profesionais do futuro e o mantemento da cualificación dos profesionais ao seu máis alto nivel. Así como traballar para que as ensinanzas universitarias relacionadas coas ciencias da saúde poidan ser utilizadas para a mellora constante da atención sanitaria. 

Ademais, os concertos pot​encian a investigación das ciencias da saúde, coordinando as actividades das universidades coas das institucións sanitarias para unha mellor utilización dos recursos humanos.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Consellería de Sanidad - Servicio Gallego de Salud