O
Servizo de Oftalmoloxía do Hospital Universitario de Ourense
incorporará o vindeiro mes de setembro un novo Anxiógrafo
Retinógrafo de campo amplo (Clarus 700) que foi adxudicado esta
semana a empresa Carl Zeiss Meditec Iberia S.A.U. por un importe
total de 96.800 euros.
Este
novo equipamento electromédico potenciará a realización da proba
diagnóstica da retinografía que se utiliza máis habitualmente para
documentar enfermidades relacionadas coa retina ademais de para
controlar a súa evolución e resposta ao tratamento, ao proporcionar
información moi detallada sobre o estado de estruturas fundamentais
como a mácula, o nervio óptico ou a vascularización da retina.
O
sistema produce imaxes excepcionais en cor verdadeira que se
asemellan moito á coloración da retina como se ve a través da
observación directa durante o exame clínico. A vantaxe dos
retinógrafos de campo de visión ultra amplo é a súa capacidade
para obter imaxes periféricas sen perder resolución. As imaxes en
alta definición de campo amplo combínanse automaticamente para
lograr un campo de visión ultra amplo de 200 graos permitindo os
profesionais a valoración tanto da retina central como periférica.
Ademais
da obtención de retinografías e imaxes en autofluorescencia, este
dispositivo permite a realización de anxiografías retinianas, tras
a administración dun contraste intravenoso o paciente, que
proporcionan información de gran valor para o diagnóstico e
seguemento de enfermedades vasculares do fondo do ollo. A súa
capacidade para obter imaxes en campo amplo permite observar nunha
única captura o estado vascular da retina central e periférica o
que cobra especial importancia en enfermidades donde a periferia da
retina pode verse afectada como a retinopatía diabética ou as
tromboses vasculares retinianas.
A
precisión da cor é importante no diagnóstico, a documentación e o
tratamento das enfermidades oculares e o novo equipamento combina os
beneficios dunha vista de campo ultra amplo en toda a retina coa alta
calidade da fotografía de fondo de ollo utilizada para obter imaxes
que axudarán no día a día os profesionais do servizo no
diagnóstico, seguimento e manexo dos pacientes.