A Xunta de Galicia xa adxudicou, na
primeira quenda, 9 das 10 prazas convocadas de difícil
cobertura nos centros de atención primaria da Área Sanitaria da Coruña e Cee, a
través do concurso de méritos. A segunda quenda para a elección da praza
restante convocarase proximamente.
Por tal motivo o Decreto 38/2022, do 24 de marzo, aprobou con celeridade
unha oferta de emprego público correspondente
a esta categoría, cun total de 106 prazas en toda Galicia e
concretamente 10 corresponden á Área Sanitaria da Coruña e Cee: Cabana de
Bergantiños (2), Carballo (2), Laxe, Malpica, Arteixo, Carral, Miño e Perillo,
co fin de incrementar con urxencia os recursos de persoal médico en Atención
Primaria.
Os 9 novos profesionais desta primeira quenda contribuirán a garantir a
cobertura dos PAC ao realizar gardas nos Puntos de Atención Continuada,
proporcionando unha atención sanitaria estable e de calidade a todos os
cidadáns de concellos que levaban tempo sen médico fixo.
No día de onte procedeuse á elección dos destinos correspondentes ao
proceso selectivo convocado por resolución de 18 de abril de 2022, de persoal
facultativo/a especialista de Atención Primaria.
Esta categoría foi creada no artigo 35 da Lei 18/2021, do 27 de decembro,
de medidas fiscais e administrativas, tendo en conta as dificultades
excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, e se
caracteriza fundamentalmente por unha maior xornada e unha prestación de
servizos mixta nos centros de saúde e nos puntos de atención continuada.
A propia lei dispuxo que neste ano 2022, “coa finalidade de diminuír o moi
grave déficit de persoal médico de familia mediante a incorporación urxente do
primeiro grupo de profesionais da nova categoría”, se tramitara este proceso
selectivo polo sistema de concurso.
Neste proceso selectivo por concurso se esixe a incorporación efectiva ao
servizo activo no posto adxudicado co fin de garantir que esta oferta
extraordinaria de emprego produza o resultado que a xustifica.