Santiago
de Compostela, 5 de maio de 2023.
– Investigadores do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do
Instituto
de Investigación Sanitaria de Santiago
(IDIS)
participan nun proxecto de investigación europeo no que se analiza a
relación da microbiota intestinal coas enfermidades reumatolóxicas.
Trátase dun estudo financiado pola Unión Europea con 8’8 millóns
de euros no que participan 14 centros sanitarios e de investigación
de 8 países.
No
proxecto ENDOTARGET estudarán “o papel da inflamación crónica
sistémica causada por compostos inmunolóxicamente activos derivados
da microbiota intestinal, como impulsora da transición da saúde á
enfermidade, cun enfoque especial en tres patoloxías reumáticas, a
artrose (OA), a artrite reumatoide (AR) e a espondiloartrite (SPA)”,
subliña Rodolfo Gómez Bahamonde, líder do grupo galego, único
español participar nesta investigación.
Máis
do 40% da poboación en Europa está afectada por algunha enfermidade
reumática (ER) asociada a unha importante discapacidade, dor,
redución da esperanza de vida e unha carga económica moi elevada.
Neste
proxecto buscaranse novas aproximacións preventivas e terapéuticas
destas enfermidades, estudando a relación entre a microbiota
intestinal, a permeabilidade intestinal e a endotoxemia, buscando
comprender o seu papel como impulsoras da aparición e a actividade
de enfermidades reumáticas.
Desenvolverán
unha ferramenta de predición de enfermidades reumáticas apoiada por
intelixencia artificial e aprendizaxe automática para que o persoal
médicos poida identificar os doentes con maior risco de desenvolver
as enfermidades obxectivo. Por tanto, axudará na elección dun plan
de intervención personalizado para reducir o risco e a actividade da
enfermidade na AR e SPA e para retardar a progresión da OA.
Para
acadalo, estudarán os eventos que conducen desde a saúde ata o
inicio da enfermidade:
aproveitando
grandes cohortes de mostras de sangue e feces de persoas
xeograficamente dispersas;
buscando
novos biomarcadores de risco para AR, SPA e OA mediante o uso de
tecnoloxías ómicas de alto rendemento;
realización
de estudos clínicos específicos;
realización
de estudos in
vitro
sobre o mecanismo patolóxico para explorar o eixo
intestino-articulación utilizando cultivos de explantes de tecido e
modelos de órganos en chip.
realización
de estudos de proba de concepto de intervención de dieta,
transplante fecal e un fármaco que reduce a permeabilidade
intestinal en pacientes con AR e SPA;
exploración
in
vitro
de novos fármacos ou nutracéuticos potenciais para facer fronte
aos efectos da endotoxemia nos tecidos diana.
Enfermidades
reumáticas
As
enfermidades reumáticas inclúen máis de 250 trastornos como a
osteoporose, OA, AR e SpA afectan a un cuarto da poboación española
maior de 20 anos. En España, a OA é unha das enfermidades máis
prevalentes. Estas enfermidades son un importante problema de saúde
pública asociado a unha alta morbilidade. A dor é un síntoma común
destas patoloxías e un dos principais motivos de discapacidade
asociada.
Estas
enfermidades están relacionadas co envellecemento progresivo da
poboación e cos cambios nos estilos de vida. Factores como as
condicións de vida e de traballo, así como as condutas de saúde,
inflúen na aparición e evolución das enfermidades reumáticas máis
frecuentes.
En
Galicia constitúen unha das principais causas de incapacidade
laboral. A estrutura económica galega, caracterizada polo peso das
actividades agrícolas, gandeiras, pesqueiras e industriais, fai que
a poboación sexa máis propensa a sufrir estas patoloxías no
futuro. Estímase que a probabilidade de sufrir OA cando se exercen
traballos agrícolas multiplícase por 9. O feito de que as
enfermidades reumáticas afecten a 3,5 mulleres por cada home sumado
a que a poboación maior de 65 anos en Galicia supere o 25% do total
tradúcese nun aumento importante destas patoloxías nos próximos
anos.
Ante
esta situación, é fundamental seguir investigando e desenvolvendo
novas estratexias de prevención, diagnóstico e tratamento destas
enfermidades, así como mellorar a concienciación pública sobre a
importancia da adopción de estilos de vida saudables e a prevención
das enfermidades reumáticas.
Sobre o grupo de
Patoloxía Musculoesquelética
O
Grupo de Patoloxía Musculoesquelética comezou o seu labor
investigador no 2016. Este grupo enfócase na investigación e
tratamento das diferentes patoloxías que afectan ao sistema
musculoesquelético, como a OA, a osteoporose, a AR e a osificación
heterotópica. Dentro do grupo hai investigadores de todas as áreas
relacionadas coas patoloxías musculoesqueléticas: farmacia,
bioloxía, biotecnoloxía, reumatoloxía, traumatoloxía e
rehabilitación. O xefe do grupo, o Dr. Rodolfo Gómez Bahamonde
publicou máis de 100 artigos científicos en revistas de alto
impacto e relevancia internacional, como “Nature Reviews
Rheumatology”, “Annals of the Rheumatic Diseases”, e “Arthritis
and Rheumatology”.
O
grupo de Patoloxía Musculoesquelética obtivo máis de 20 proxectos
de investigación, captando máis de 2 millóns de euros de fondos
públicos e privados nos últimos anos. Isto permitiu establecer
varias liñas de investigación e colaboracións nacionais e
internacionais con outros grupos de investigación.
Sobre
o IDIS
O
Instituto de Instituto
de Investigación Sanitaria de Santiago
(IDIS) nace en 2008 como froito da colaboración entre a Área
Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza (SERGAS) e a
Universidade de Santiago de Compostela. O
seu obxectivo é identificar e desenvolver novas solucións que dean
resposta aos problemas de saúde da sociedade. Cun equipo de máis de
1.100 investigadores, 106 grupos de investigación, 46 M€ de fondos
e 128 proxectos de investigación captados, o IDIS contribúe co seu
labor a incrementar o coñecemento en saúde e á consolidación da
innovación no sector sanitario.
Saúdos,