A duodenopancreatectomía cefálica
consiste na extirpación da cabeza do páncreas, o duodeno, un pequeno segmento de
estómago, a vesícula biliar e a vía biliar extrahepática, así como os ganglios
da zona, que neste caso estaban afectados por un cancro.
É a técnica cirúrxica máis complexa
de toda a patoloxía hepato-bilio-pancreática, realizándose mediante cirurxía
convencional aberta, e de xeito máis excepcional mediante cirurxía
laparoscópica, debido á dificultade da propia técnica.
Neste caso os membros do equipo de
cirurxía xeral do CHUAC utilizaron as vantaxes que proporciona o robot Davinci
para levar a cabo esta técnica por vez primeira en Galicia.
Co robot realízase esta técnica por
vía laparoscópica, aproveitando as vantaxes que esta tecnoloxía aporta. Visión
magnificada, xa que o campo visual amplíase ata 10 veces; o cirurxán manexa a
cámara co robot, polo que a visión do campo cirúrxico é moi estable, ademais de
eliminar o temblor das mas; e unha das máis importantes, a capacidade de xiro
das pinzas, xa que coa lararoscopia convencional estas non articulan, limitando
a capacidade de actuación do cirurxán.
A complexidade desta técnica
cirúrxica consiste, non só na extirpación de toda a peza afectada polo cancro,
que técnicamente é moi dificultosa pola súa relación con grandes vasos, se non pola
dificultade que ten a reconstrución dos órganos e tecidos que se atopan ao
redor do páncreas, así como a proximidade
de importantes venas e arterias.
A paciente, unha muller de 60 anos,
diagnosticada dun cancro de páncreas, atópase de alta no seu domicilio e a súa
evolución é satisfactoria.
Cirurcxía robótica
Esta
robotización da cirurxía laparoscópica pódese aplicar en calquera das cirurxías
endoscópicas, pero no caso do CHUAC, optouse por aplicalas nas cirurxías de
alta complexidade como a cirurxía laparoscópica de cancro colorrectal, cancro
dixestivo ou cancro pancreático, como neste caso.
Dende a
posta en marcha do robot Davinci o número de intervencións realizadas polo
servizo de cirurxía xeral do CHUAC ascende a 337.
A incorporación destas
solucións robóticas mellora, en todas estas indicacións, os beneficios xa
coñecidos da cirurxía mínimamente invasiva como unha mellor e máis rápida
recuperación do paciente, a diminución das complicacións postcirúrxicas, así
como a vota máis rápida as tarefas habituais.