Santiago, novembro de 2023.- As mulleres da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e
Barbanza poden beneficiarse xa do programa poboacional de cribado de cancro de
cérvix, destinado a 104.503 mulleres da
área con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos, e que ten por obxectivo
reducir a morbi-mortalidade e a incidencia deste cancro entre a poboación
galega.
As modalidades de acceso ao Programa
son por invitación desde a dirección de Saúde pública da Consellería de
Sanidade ou informando á muller na súa consulta co profesional sanitario.
Coa
extensión desta iniciativa á area sanitaria compostelá, a administración
sanitaria continúa coa súa aposta pola
prevención e a detección precoz. Trátase dunha
acción preventiva para que o Servizo Galego de Saúde poida diagnosticar
cada vez máis cedo unha patoloxía que, na actualidade, xa é o segundo cancro
máis frecuente en mulleres.
Nesta
patoloxía é especialmente importante este programa preventivo, porque é unha
enfermidade que non produce síntomas polo que adoita diagnosticarse en estadios
moi avanzados. A detección precoz, cando aínda non hai síntomas, permite
aumentar as posibilidades de curación. Ademais, as probas realizadas tamén
permiten detectar as lesións premalignas evitando que evolucionen a cancro,
polo que se pode previr a súa evolución.
Participación: autotoma o cita médica
O
cancro de cérvix é o que afecta ao colo do útero. A causa principal deste
cancro é a infección polo Virus do Papiloma Humano (VPH).
Así,
a primeira proba de cribado é a detección de infección por VPH-AR que, de
resultar positiva, requiriría unha citoloxía posterior. A detección da
infección realízase mediante unha proba moi sinxela e indolora que, a
diferencia da citoloxía, pode ser realizada
tanto nun centro sanitario como pola propia muller no seu domicilio.
Isto é posible porque o virus se detecta no fluído vaxinal e non é necesario
coller as células do colo de útero.
Polo tanto, as mulleres decidirán a súa modalidade
de participación: se elixen a autotoma
se lles enviará un kit co material e a información necesaria para que poidan
realizarse a proba correctamente. Se prefiren que a proba se a realice un
profesional sanitario, se lle dará cita co matrón ou matrona do seu centro de
saúde.
Citoloxías
Se
a proba do VPH é positiva e detecta a infección, o seguinte paso é verificar
que non hai anomalías nestas células, polo que é preciso facer unha citoloxía
para recoller as células do colo de útero.
No
caso de que a mostra fose tomada por persoal sanitario, a citoloxía pode realizase na mesma mostra, sen
que a muller teña que volver ao centro de saúde. Se, pola contra, a toma
realizouna a propia muller, esta terá que acudir ao centro de saúde para facer
a citoloxía. Se calcula que aproximadamente un 7% destas probas
serán positivas e as mulleres terán que realizarse unha citoloxía.
Se
o resultado da citoloxía é anormal á muller será citada para un estudo
xinecolóxico máis detallado para descartar a presenza dunha lesión premaligna
ou maligna do colo de útero.
En
canto á comunicación dos resultados, se non hai anomalía na proba realizada, a
muller recibirá un SMS co resultado de “normalidade”; mentres que se precisa
realizar algunha outra proba recibirá unha carta coa correspondente cita.
Toda
a información referente a como participar no programa poboacional de cribado de
cancro de cérvix estará dispoñible na web do Servizo Galego de Saúde.
Saúdos do Gabinete de Comunicación