Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O SERGAS PUBLICA OS RESULTADOS DEFINITIVOS DE BAREMACIÓN NO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUARIO
26 09 2019

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se dá publicidade á relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario do Sergas. Trátase, en concreto de: enxeñeiro técnico, facultativo especialista de área de Medicina do Traballo, facultativo especialista de área de Psicoloxía Clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, terapeuta ocupacional e traballador social.

En total xeráronse 7.723 inscricións, sumando ás do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de Fisioterapeuta, con 1.265 inscricións. O 12,18% foron inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.
 
As listas actualizadas entrarán en vigor, a efectos de chamamentos, a partir de mañá,  27 de setembro de 2019.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.  Coa publicación de hoxe, finaliza a actualización de todas as listas de selección temporal correspondentes ao último proceso de xeración.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss