Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O SERGAS PUBLICA AS PUNTUACIÓNS DEFINITIVAS DO PROCESO DE ACTUALIZACIÓN DE LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
29 04 2020

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario do Sistema público de saúde de Galicia: albanel, carpinteiro, celador, cociñeiro, costureiro, grupo auxiliar da función administrativa, lavandeiro, pasador de ferro, perruqueiro, pinche e telefonista.

Xeráronse un total de 25.375 inscricións. So resultan excluídas do proceso o 1,02% das solicitudes de participación. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 9.848 inscricións. Sinalar que o 10,10% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso.
 
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
 

As listas entrarán en vigor con efectos do día 30 de abril de 2020.

 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss