Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
A AXENCIA DE ÓRGANOS E SANGUE CHAMA A DOAR SANGUE Á CIDADANÍA, ESPECIALMENTE AOS GRUPOS 0 POSITIVO A POSITIVO E B POSITIVO
16 10 2020

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), fai un chamamento á cidadanía a doar sangue e, moi especialmente, aos doantes dos grupos sanguíneos 0 positivo, A positivo e B positivo.

As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón de sangue.
 
Desde ADOS convídase a todas as galegas e galegos a continuar amosando o seu carácter solidario para incrementar o numero de doazóns de sangue.

 

Cómpre remarcar que os hospitais galegos precisan mensualmente ao redor de 10.000 doazóns de sangue.

Facilitar a participación
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agarda, novamente, contar coa positiva resposta da cidadanía ao seu chamamento solidario e para iso ofrecerá as máximas facilidades para doar, desprazando as súas unidades móbiles ao longo da xeografía galega.
 
Data
Lugar
Venres 16 outubro
San Sadurniño, zona Cuatro Caminos (A Coruña), CIFP Ánxel Casal (A Coruña), Boiro, Praza Roxa (Santiago), Vilagarcía, Redondela, Baiona, Praza Maior (Lugo), Rúa do Paseo (Ourense)
Sábado 17 outubro
San Sadurniño, zona Los Rosales (A Coruña), Boiro, Redondela, Rúa do Paseo (Ourense)

Así mesmo, tamén existe a posibilidade de doar nos locais existentes nas sete grandes cidades galegas:
 
Lugar
Horario
Hospital Clínico Universitario de Santiago
Luns a venres das 08:00 ás 22:00
sábado das 08:00 ás 15:00
Hospital Universitario da Coruña
Luns a venres das 08:00 ás 22:00
sábado das 08:00 ás 15:00 horas
Hospital Arquitecto Marcide Ferrol
Luns das 15:00 ás 22:00
martes, mércores e xoves das 08:00 ás 15:00
venres das 08:00 ás 22:00
Hospital Lucus Augusti
Luns e venres das 15:00 ás 22:00
martes, mércores e xoves das 08:00 ás 15:00
Hospital Universitario de Ourense
Luns e venres das 15:00 ás 22:00
martes, mércores e xoves das 08:00 ás 15:00
Hospital Provincial de Pontevedra
Luns e venres das 08:00 ás15:00
martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00
Hospital Nicolás Peña de Vigo
Luns a venres das 08:00 ás 22:00
sábado das 08:00 ás 15:00
 
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue (VIH, hepatite B ou C...). A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.

ADOS dispón da páxina web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles. Na páxina web pódese descargar o código QR e atopar máis información.

ADOS lembra que, aínda que se pode acudir de forma espontánea, é recomendable solicitar cita no teléfono antes sinalado.
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss