Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
A XUNTA ABRE NOVAMENTE A AUTOCITA PARA AOS NACIDOS ENTRE OS ANOS 2000 E 2005
04 08 2021
 

A Xunta de Galicia quere seguir progresando no proceso de vacinación dos grupos nos que o virus ten máis incidencia. Así, dende o dia 22 iniciou a vacinación do grupo de 29 a 20 anos, no que xa se avanzou considerablemente. Ademais, púxose en marcha a autocita entre os adolescentes, na que, inicialmente, dispúxose de 5.000 doses e 11.000 na segunda apertura.

Agora, novamente, Sanidade abre de novo a autocita, dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8; un total de 25.000 doses para os nacidos entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a vindeira semana.
 

Ademais, estase a citar por SMS a todos os cidadáns nacidos no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.

Sinalar que para pedir autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (É-Saúde). Tamén pódese solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.

 

 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss