Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O HOSPITAL DE DÍA DE PSIQUIATRÍA DO CHUF PARTICIPA NUNHA SESIÓN COMÚN POR MOR DO DÍA DA SAÚDE MENTAL
13 10 2021

​Profesionais e usuarios do Hospital de Día de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol participaron esta mañá nunha sesión en remoto xunto a outros Hospitais de Día, galegos e non galegos, e asociacións e colectivos relacionados coa Saúde Mental. Os profesionais e os pacientes estiveron esta mañá reunidos no salón de actos do Hospital Naval do Complexo cun obxectivo que era "facer unha reflexión conxunta” en torno ó lema deste ano por mor do  Día da Saúde Mental que se celebra esta semana: Salud Mental, un dereito necesario. Mañá pode ser ti”.

 

Partiron da base de que unha de cada catro persoas sufrirá en algún momento da súa vida un problema de saúde mental. Trátase, explica a terapeuta ocupacional deste dispositivo, Nuria García Gonzalo, dunha xornada na que as persoas que "neste momento traballan, asisten ou participan nun dispositivo de saúde mental reflexionen”. Os usuarios e usuarias expoñían as dificultades no día a día relacionadas coa súa saúde; un grupo de teatro espontáneo improvisaba esas situacións; e, entre todos, chegaban á mellor resposta para esas situacións plantexadas.


Saúdos de Comunicación da ÁREA SANITARIA DE FERROL do SERGAS.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss