O 061 DE GALICIA ASISTIU 50 PERSOAS POR 47 ACCIDENTES DE CIRCULACIÓN DURANTE A FIN DE SEMANA
31 01 2022

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 50 persoas debido a 47 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 28 de xaneiro, ata as 23,59 horas do domingo, 30 de xaneiro. O domingo foi o día no que se rexistraron máis sinistros, con 19 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 62 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 47 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 50 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 67% e do 33% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes
A Coruña
21
Lugo
4
Ourense
4
Pontevedra
18
Galicia
47
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 17 accidentes, o helicóptero medializado atendedu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 40 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.
 
En 41 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde