SANIDADE E A ASOCIACIÓN querENDO REÚNENSE PARA SEGUIR AVANZANDO NA MELLORA DA ASISTENCIA SANITARIA DAS MULLERES CON ENDOMETRIOSE
17 06 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García  Comesaña, vén de reunirse esta semana, no Edificio Administrativo do Sergas, coa presidenta e a secretaria da Asociación querENDO, Cristina Fernández Feijoo, e Iria Pérez Mouriño, respectivamente, co obxecto de seguir avanzando na mellora da asistencia sanitaria que se presta ás mulleres que padecen endometriose.

Nesta reunión, á que tamén asistiu o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas, e a subdirectora de Humanización e Atención á Cidadanía, Josefina Monteagudo Romero, abordáronse diversos aspectos da atención á enfermidade, destacando a posta en marcha en todas as áreas sanitarias de consultas específicas sobre a patoloxía, así como a intención do Goberno galego de elaborar unha guía asistencial propia da comunidade autónoma sobre a enfermidade, antes de que remate esta lexislatura.

Así mesmo, desde a Consellería asumiuse o compromiso de convocar unha xuntanza sobre a elaboración da guía de atención a mulleres con endometriose na que participe a asociación querENDO, de cara a trasladar as súas inquedanzas e achegas para a guía.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde