Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O SERGAS PUBLICA A LISTAXE DE ASPIRANTES SELECCIONADOS NO CONCURSO OPOSICIÓN DE 48 CATEGORÍAS DE PERSOAL ESTATUTARIO
22 06 2022

 

 
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as resolucións polas que se fan públicos os acordos dos tribunais relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos aspirantes seleccionados nos procesos selectivos para o ingreso nas categorías de persoal médico de urxencias hospitalarias, médico asistencial do 061, médico de admisión e documentación clínica, e 39 especialidades de persoal facultativo de área.
 
Nomeadamente, as especialidades de área son: alergoloxía, análises clínicas, anatomía patolóxica, anestesioloxía e reanimación, anxioloxía e cirurxía vascular, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía cardiovascular, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía torácica, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, dermatoloxía médico cirúrxica e venereoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina do traballo, medicina física e rehabilitación, medicina intensiva, medicina interna, medicina nuclear, medicina preventiva e saúde pública, microbioloxía e parasitoloxía, nefroloxía, neurocirurxía, neurofisioloxía clínica, neuroloxía, obstetricia e xinecoloxía, oftalmoloxía, oncoloxía médica, otorrinolaringoloxía, pediatría e as súas áreas específicas, pneumoloxía, psicoloxía clínica, psiquiatría, radiodiagnóstico, radiofísica hospitalaria, reumatoloxía, uroloxía e xeriatría.
 
Así mesmo publícanse as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados no proceso selectivo para o acceso ás categorías de persoal técnico en farmacia, técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico superior en hixiene bucodental, técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía e técnico superior en radioterapia.
 
Trátase dun total de 1.308 profesionais que, en breve, se incorporarán ao cadro de persoal fixo do Sistema Público de Saúde Galego. Do total de aspirantes seleccionados das categorías de persoal licenciado sanitario, 889 corresponden a persoal facultativo especialista de área (39 especialidades), 10 á de médico asistencial do 061; 5 á categoría de médico de admisión e documentación clínica, e 89 á categoría de médico de urxencias hospitalarias. 
 
Nas categorías de persoal técnico sanitario resultaron seleccionados 86 aspirantes na categoría de persoal técnico en farmacia, 104 en técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, 63 en técnico superior de imaxe para o diagnóstico, 10 en técnico superior de hixiene bucodental, 41 en técnico superior de anatomía patolóxica e citoloxía e 11 aspirantes en técnico superior de radioterapia.
 
Do total de aspirantes seleccionados, 51 accederon pola quenda de promoción interna e 39 pola quenda de discapacidade xeral.
 
O 76,30% son mulleres e un total de 1.180 xa están a desenvolver as súas funcións no Servizo Galego de Saúde con carácter temporal, o que representa unha porcentaxe do 90,27%.
 
A media de idade dos aspirantes seleccionados sitúase en 42 anos; e un total de 42 persoas (3,27%) teñen a súa residencia fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
As listas coa puntuación definitiva da fase de concurso atópanse publicadas, por orde de puntuación e quenda de acceso, a disposición dos usuarios na web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais o resultado da baremación definitiva pode ser consultado no apartado de procesos en FIDES/expedient-e.
 
Coa publicación desta resolución ábrese o prazo dun mes (ata o próximo 22 de xullo), para que os aspirantes seleccionados presenten a seguinte documentación:
 
    • Declaración de non ter sido separados do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis meses anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitados para o exercicio de funcións públicas nin para a correspondente profesión.
 
    • Certificado médico oficial acreditativo da capacidade funcional para o desempeño das funcións propias da categoría.
 
    • Certificación do Rexistro Central de delincuentes sexuais dependente do Ministerio de Xustiza de non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado Rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación; documentación exixida pola Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño.
 
    • Declaración xurada ou promesa de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría/especialidade noutro servizo de saúde.
 
Co obxecto de facilitar a súa presentación, porase a disposición dos aspirantes, na páxina web do Servizo Galego de Saúde no apartado de emprego público, os modelos de declaración responsable e autorización requiridos nesta resolución.
 
Habilitouse un enderezo de correo electrónico onde os aspirantes poden dirixir dúbidas ou consultas: oposicions@sergas.es  Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss