A
Xunta de Galicia adquirirá novos equipos de cardioloxía
intervencionista (hemodinámica) para os hospitais das áreas
sanitarias. O Goberno galego, na súa reunión de hoxe, autorizou a
compra de novos equipamentos de alta tecnoloxía para renovar os
equipamentos dos hospitais universitarios de A Coruña, Ourense, do
Hospital Clínico de Santiago, do Álvaro Cunqueiro de Vigo e do
Montecelo de Pontevedra.
A
cardioloxía intervencionista permite a colocación de dispositivos
intracoronarios e a realización de valvuloplastias (modificacións
na anatomía valvular) para a resolución de problemas coronarios e
valvulares, respectivamente.
En
total, adquiriranse sete equipos para desenvolver esta técnica, por
importe de preto de 6 millóns de euros, que substituirán aos
equipamentos actuais de cardioloxía intervencionista destas unidades
hospitalarias, agas no caso de Pontevedra, onde se comprará un novo
aparataxe.
A
Xunta investirá un total 5.927.064 euros na adquisición dos sete
novos equipos, que se instalarán nos anos 2022 e 2023, se ben a
instalación no ano 2023 estará condicionada ao remate das obras
para a adecuación dos espazos.
Así,
no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo renovaránse os dous
equipamentos neste ano 2022. O Hospital Universitario de A Coruña
contará con dous novos equipos, un previsto para este ano e o
segundo para o ano que ven. No Hospital Clínico Universitario de
Santiago renovarase o aparataxe este ano coa compra dun equipo. O
vindeiro ano 2023 tamén está prevista a renovación do equipamento
de cardioloxía intervencionista do Hospital Universitario de
Ourense, e a compra dun equipo novo para o Hospital Montecelo de
Pontevedra.
Neste
último caso, o do Hospital Montecelo, a compra do equipo permitirá
ao centro contar cunha sala de hemodinámica propia -ata o momento
era compartida con Radioloxía-, o que permitirá facer cateterismos
todos os días, mellorando os tempos de atención e evitando que se
deriven pacientes a outros centros.
A
renovación destes equipamentos reducirá a obsolescencia do parque
tecnolóxico de equipos de alta tecnoloxía e elevará, como mínimo
un 15%, a taxa media de densidade de equipos de alta tecnoloxía por
100.000 habitantes, o que aumentará as capacidades diagnósticas dos
centros de destino. O acordo aprobado hoxe pola Xunta para a compra e
renovación de equipos de cardioloxía intervencionista responde á
necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación das
áreas sanitarias de referencia, mellorando os servizos de atención
sanitaria.
Diagnose
da enfermidade das arterias do corazón
A
cardioloxía intervencionista permite o estudo anatómico e funcional
do corazón mediante a introdución de catéteres no paciente para
coñecer o estado das arterias coronarias, válvulas cardíacas,
movementos das paredes do corazón e grandes vasos. Grazas a esta
técnica pódese diagnosticar con precisión a enfermidade das
arterias do corazón, determina as obstrucións significativas ou
completas, así como a extensión e a gravidade da enfermidade. Deste
modo, a información que aporta esta proba é fundamental para
comprender a importancia da enfermidade do corazón e permite decidir
o tratamento máis adecuado ao problema concreto de cada paciente.
Máis
de 90 millóns de euros en tecnoloxía e equipamento sanitario en
2022
Os
Orzamentos da Xunta para o 2022 están a supoñer un investimento de
máis de 90 millóns de euros en tecnoloxía e equipamento sanitario
para os centros da rede sanitaria pública galega, continuando o
investimento de máis de 60 millóns dos orzamentos de 2021, que
permitiu a adquisición de sete sistemas cirúrxicos robotizados Da
Vinci instalados nos hospitais de cabeceira das sete áreas
sanitarias e de 37 equipos radiocirúrxicos, así como dúas
licitacións de ecógrafos que posibilitaron que todos os hospitais
públicos reciban novos equipamentos de ecografía tras máis de 6
millóns de euros de investimento.
En
particular, este ano os Orzamentos incorporan 61,3 millóns para
renovar e ampliar o equipamento de alta tecnoloxía sanitaria a
través da canalización dos fondos europeos Next Generation cara á
renovación e ampliación dos equipamentos de alta tecnoloxía dos
sistemas sanitarios públicos.
O
obxectivo principal é incrementar a supervivencia global e a
calidade de vida das persoas mediante el diagnóstico de enfermidades
en estadios temperáns, posibilitando a intervención terapéutica
rápida, con especial atención ás patoloxías de maior impacto
sanitario, presente e futuro, do sistema sanitario galego, como son
as enfermidades crónicas, as enfermidades oncolóxicas, as
enfermidades raras e as enfermidades neurolóxicas. Todo elo,
consolidando a equidade no acceso á alta tecnoloxía e mellorando a
calidade asistencial e a seguridade de pacientes e profesionais.