O
Consello da Xunta autorizou na reunión celebrada hoxe a
contratación, mediante acordo marco con varias empresas, dos
servizos de desenvolvemento de sistemas vinculados á historia
clínica electrónica e á relación dixital coa cidadanía,
pacientes, profesionais e provedores por un valor estimado de 30
millóns de euros.
Este
acordo da reunión do Consello da Xunta suporá a axilización da
transformación dixital do Sistema Público de Saúde de Galicia e
permitirá ao Servizo Galego de Saúde a selección de empresas que
poderán optar á adxudicación dos contratos baseados no acordo
marco para a prestación dos mencionados servizos, o que reducirá
todos
os prazos na contratación e facilitará
o
desenvolvemento de diversas liñas de actuación, todas no eido das
tecnoloxías de información e comunicación aplicadas á sanidade.
O acordo faise necesario tendo en conta que moitos destes proxectos
financiaranse con fondos europeos como os FEDER, ou do Plan Nacional
de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Neste
avance de Galicia na transformación dixital no ámbito na sanidade
pública destacan como proxectos prioritarios a implantación da
historia clínica intelixente, a plataforma tecnolóxica para reducir
a burocracia da actividade sanitaria, a mellora de canles de
comunicación coa cidadanía, a rede de centros intelixentes e a
aposta polo uso intensivo da Intelixencia Artificial e do big data.
Estes
proxectos prioritarios do Goberno galego beneficiaranse da aprobación
deste expediente a través da
axilidade na contratación do desenvolvemento de novos sistemas de
información; a contratación de servizos vinculados ao
desenvolvemento de aplicacións, como a consultoría
en sistemas e tecnoloxías da información, oficinas de proxectos ou
oficinas de calidade e/ou seguridade. Ademais, inclúese o mantemento
de aplicacións desenvolvidas a medida; o desenvolvemento de
materiais e accións de apoio á captación e formación de usuarios,
a contratación do soporte técnico en sistemas de información ou a
dinamización de proxectos tecnolóxicos a través de canles online,
como portais, blogs, redes sociais e outras vías de relación
tecnolóxica con profesionais, pacientes e provedores.
Aposta
pola transformación dixital da atención sanitaria
A
contratación dos servizos de desenvolvemento de proxectos TIC en
todo o ámbito da sanidade pública resume tamén as 5 liñas de
actuación nas que traballa a Xunta de Galicia para a transformación
dixital da atención sanitaria, nas que destaca a aposta pola
transformación dixital da atención sanitaria en atención primaria
e comunitaria. Tamén, a transformación dixital no ámbito da saúde
pública. Outra liña de traballo inclúe a transformación dixital
das 7 áreas sanitarias e a constitución dunha oitava área de saúde
dixital.
Asemade,
o Goberno galego aposta pola ampliación da infraestrutura TIC en
hospitais e centros de saúde e polo desenvolvemento do Datalake de
datos de saúde. Este último sistema pretende por en valor a inxente
cantidade de datos de saúde almacenados no Sistema Nacional de Saúde
para o fomento da investigación biomédica, dando plenas garantías
á protección de datos.
Necesaria
evolución dos sistemas de información
A
incorporación de novas tecnoloxías médicas no ámbito sanitario,
os cambios na relación da sociedade coas tecnoloxías da
información, xunto cos retos derivados da pandemia esixen a
transformación do entorno no que o Servizo Galego de Saúde realiza
a súa actividade e presta os seus servizos. Para conseguir poñer en
práctica estes novos modelos de asistencia sanitaria apoiados na
transformación dixital, faise necesario evolucionar os sistemas de
información que actualmente se utilizan dentro do organismo. Nesta
evolución resulta clave este acordo marco que ven de aprobarse no
Consello da Xunta de Galicia.