Celia Lendoiro Álvarez é a nova responsable
do Servizo de Otorrinolaringoloxía (ORL) da Área Sanitaria de Ourense, Verín e
O Barco de Valdeorras, tomando o relevo
á xubilación de Manuel Blanco Labrador, responsable deste servizo os últimos
dez anos.
Licenciada en Medicina e Cirurxía pola
Universidade de Navarra, no ano 2000, formouse como especialista, vía MIR de
2001 a 2005, no Complexo Hospitalario Gregorio Marañón de Madrid, desenvolvendo
a súa carreira profesional no Hospital Universitario de Ourense, no que traballa desde 2006.
Desenvolve a súa labor asistencial con
especial dedicación á cirurxía da patoloxía oncolóxica que afecta a cabeza e pescozo.
Asemade, no marco da súa práctica cirúrxica lidera o equipo de recente creación
de cirurxía róbotica da súa especialidade, desde a a incorporación do novo equipamento
DaVinci ao hospital.
Desde a súa incorporación ao Hospital
Universitario, en 2006, implícouse na docencia postgrao de futuros
especialistas, como colaboradora docente, pasando a ser titora MIR da
especialidade de ORL desde 2014.
Socia numeraria na Sociedade Española de
Otorrinolaringoloxía e Cirurxía de Cabeza e pescozo é tamén vogal e socia
numeraria da Sociedade Galega de ORL.