A XUNTA DESTINA A ÁREA SANITARIA DE OURENSE UN ORZAMENTO DE 565 MILLÓNS DE EUROS
20 10 2022

A Xunta de Galicia destina a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras un orzamento de 565.715.617 euros,  un 6.2% que en 2022 (e ata 15,35% con respecto a 2019, o último ano prepandémico) do que se destina a Atención Primaria máis de 196 millóns de euros.

Por vez primeira supérase a barreira dos 7 millóns de euros na formación MIR de novos especialistas, que crece un 12,75%,  a maioría de atención primaria, donde pasan de 14 a 21 prazas para a formación de persoal especialista en medicina familiar e comunitaria.

O investimento na contratación dos preto de 6000 profesionais de atención primaria e dos tres hospitais públicos de Ourense, Verín e Valdeorras, o principal valor da sanidade pública, ronda a metade do orzamento total para 2023. En concreto 278.678.720€, cun incremento histórico do 15,16%, con respecto ao último ano prepandémico, 2019, e un 5% máis que en 2022.

Grandes obras

O ano 2023 continuará a ser o dos grandes investimentos para afrontar os grandes retos xa en marcha.  Con 19 millóns de euros consignados ás obras do Plan Director do Hospital de Universitario de Ourense, deles 7 millóns para as obras que se están executando do novo edificio de hospitalización, 6,5 millóns para a reforma da unidade de coidados intensivos; 2,7 millóns a nova unidade de medicina nuclear e 2,7 millóns para a obra de reforma da área de cardioloxía intervencionista, neste intre xa licitada.

As obras non se limitan a Ourense, xa que os orzamentos recollen  3,4 millóns de euros para a ampliación do Hospital Público de Verín, actualmente en marcha, en concreto 3.061.009 € para o novo edificio de urxencias e 337.000€ para equipamento. Tamén para completar as obras de reforma das consultas externas, o hospital de día, a farmacia e a área de cirurxía maior ambulatoria do Hospital Público de Valdeorras, esta anualidade destina 405.374 € para concluilas.

Os centros de saúde da provincia tamén afrontarán grandes retos en canto a obras. Cunha partida de ata 6.640.255 € no Plan de Atención Primaria para a construción de novos centros de saúde e 1.476.552 € para reformas, ampliacións e melloras de centros de saúde dos existentes. Entre eles o novo “Centro Integral de Saúde”, ao que se destinarán 3.371.041 € para licitar unha esperada obra de construción do novo edificio que integrará o Punto de Atención Continuada de Ourense e o Centro de Saúde Novoa Santos, que se  demolerá para contruilo.

Nesta mesma partida orzamentaria resérvanse mais de 1.4 millóns para elaborar os proxectos dos novos centros de saúde de Boborás e Muiños -que serán licitados antes de rematar o ano- para proxecto do novo centro de saúde do Carballiño, unha vez asinado protocolo co concello para edificalo nunha parcela xa propiedade da Xunta de Galicia. Así como  para as obras de reforma do acceso do centro de saúde de Toén, proxecto xa adxudicado.

Igualmente resérvanse desta partida  500.000 € para licitar os proxectos de novos centros de saúde incluídos no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando o concello achegue unha parcela axeitada, como poderían ser os de Montederramo, Allariz ou Mariñamansa (Ourense).

Investimento histórico en equipamento sanitario

2023 continuará a ser un ano histórico en canto a investimento en equipamento sanitario e alta tecnoloxía. Consígnanse os fondos para completar os pagos dos contratos licitados ao longo de 2022 cos fondos europeos Next Generation, que supoñen un investimento de 13 millóns de euros en equipos destinados ao Hospital Universitario de Ourense.

En concreto que  2 novos aceleradores lineais, adxudicados por 4,4 M€; 4 equipos Tomografía Computerizada (TC) adxudicados por 2,6 M€, incorporando un de tecnoloxía espectral, que mellora a capacidade diagnóstica e diminúe as doses de radiación.  2 novos arcos de Radioloxía Vascular, adxudicados por máis de 2M de euros e un deles neurovascular; a Incorporar 1 equipo PET-T; adxudicado por 1,4 M€; 2 gammacámaras, licitadas por por 1.5M, e unha sala hemodinámica licitada por 829.129,92 €

Igualmente con cargo aos fondos Next Generation renovanse os TC dos hospitais de Verín, adxudicado e xa instalado por importe de 301.108 €; e no hospital de Valdeorras, xa adxudicado por un importe de 301.108 €

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde