Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
62
persoas debido a 44
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 28
de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 30
de outubro. O sábado e
o domingo foron
os días que rexistraron
máis sinistros, con 17
accidentes de tráfico ambos
os dous.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 57
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 44
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 62
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61%
e do 39%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 42%
dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
Por
provincias, A
Coruña
foi
a
que máis sinistros rexistrou con 20
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
20
|
Lugo
|
7
|
Ourense
|
4
|
Pontevedra
|
13
|
Galicia
|
44
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 63.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en cinco
accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico
asistiron en 52
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias
asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo,
prestaron asistencia sanitaria en seis
accidentes.
En
49
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 11
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas
persoas faleceron
no punto.