SANIDADE ABRE MAÑÁ A AUTOCITA PARA A VACINACIÓN DA SEGUNDA DOSE DE RECORDO DA COVID PARA A POBOACIÓN DIANA EN GRANDES RECINTOS
10 11 2022
 A Consellería de Sanidade abrirá a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir de mañá venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos.  A citación farase a partir do luns, 14 de novembro.

As persoas dos seguintes grupos de idade e coas características que se detallan de seguido, poderán reservar a súa cita tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil. 

Recoméndase a vacinación coa dose de recordo aos seguintes grupos:

-Persoas de 60 a 79 anos que non puideron acudir a vacinarse.

-Sanitarios que non acudiron á cita ou que non foran citados.

-Persoas menores de 60 anos con enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respitarorias -incluindo displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma- .

-Persoas de entre 12 e 59 anos con patoloxías de risco.

-Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres que, despois de 6 meses do parto, non se vacinaran durante o embarazao.

-Convivintes con persoas de alto grado de inmunodepresión.

 
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde