​A XUNTA ENVÍA SMS A MÁIS DE 300.000 GALEGOS DE 40 A 49 ANOS PARA LEMBRARLLES QUE SIGUE ACTIVA A CAMPAÑA DE VACINACIÓN FRONTE Á COVID
02 02 2023

A Xunta de Galicia enviará, no día de hoxe, a máis de 300.000 galegas e galegos da franxa de idade de 40 a 49 anos, un recordatorio de que segue activa a campaña de vacinación fronte á covid, ao igual que xa fixera a semana pasada coa franxa de idade das persoas de 50 a 59 anos. En total, no día de hoxe, enviaranse 314.181 SMS.

Cómpre remarcar que a Consellería de Sanidade ampliou, recentemente, os horarios nos puntos de vacinación para os cidadáns que aínda non teñan posta a cuarta dose da vacina fronte ao coronavirus. Así, desde o 21 de xaneiro, todas as áreas ampliaron os días nos que se pode acudir a poñer a vacina.

Sanidade lembra a importancia de facer o proceso de xestión da cita previa antes de ir aos puntos de vacinación, para que as persoas que acudan non teñan que agardar. Pode facerse a través da aplicación Sergas Móbil ou no teléfono 881 54 00 45. 

Sinalar, así mesmo, que Galicia segue a ter as mellores taxas de España de vacinación. En concreto, é a primeira comunidade en porcentaxe de vacinación con dose de recordo en maiores de 80 anos cun 86,90%, en 70-79 cun 82,61 % e en 60-69 cun 72,73%. 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde