Un concurso escolar promovido polo Observatorio contra a
Discriminación do Maior da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, en
colaboración coa xefatura territorial de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades da Xunta de Galicia en Ourense, contribuirá a
desbotar entre o alumnado de educación primaria prexuizos e estereotipos sobre
as persoas maiores, que afectan ao seu benestar e limitan os seus dereitos.
A presentación
desta iniciativa tivo lugar esta mañá entre o alumnado e equipo docente do CEIP
Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense, coa presenza do delegado territorial da
Xunta, Gabriel Alén, a directora de enfermería da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e Valdeorras, Beatriz Cabanelas, o xefe territorial de Educación, Jose
Fisteos, e Miriam Vázquez, enfermeira da Unidade de Calidade e responsable do
Observatorio contra a Discriminación do Maior, iniciativa posta en marcha tras
resultar gañadora da primeira edición dos premios de humanización da Área
Sanitaria, en 2021.
O idadismo
refírese a discriminación implícita en prexuzgar e estereotipar a unha persoa
en función da súa idade e contribúe a percepción negativa da idade avanzada,
invisibilizando socialmente as persoas
maiores, minusvalorando a súa autodeterminación, formación, capacidades e
dereitos.
Unha de cada
dúas persoas ten actitudes idadistas, segundo un informe das Nacións Unidas,
que alerta sobre como esta discriminación, por razón de idade, pode empobrecer
a súa saúde física e mental, ademais de reducir a súa calidade de vida. Nesta
liña, a Organización Mundial da Saúde (OMS) no seu recente informe mundial
sobre idadismo, insta aos paises e institucións a actuar e tomar medidas moi
especialmente de tipo interxeneracional.
Con esta
iniciativa a sanidade e a educación pública de Ourense adiántanse ao aplicar as
recomendacións da OMS de actuar ante este problema, e introducen no debate
escolar unha problemática aínda descoñecida por moitos, aproveitando o vinculo
entre os netos e netas e os seus avós ou avoas.
Un concurso para
introducir o debate
O valor dos avós
e avoas dentro da estrutura é indiscutible. Non sí o seu papel non está suficientemente
recoñecido, e as veces a valor integral da persoa pérdese no estereotipo. Por iso
a iniciativa proposta polo Observatorio da Área Sanitaria aproveita a habitual
unión interxeneracional para propoñer o concurso: “Os meus avós, mestres de vida”
Baixo esta
sinxela proposta de recoñecer e valorar o papel dos avós dentro das familias e
na sociedade en xeral, por medio dun exercicio de debuxo e selección dun lema,
as súas promotoras pretenden abrir un dialogo nas clases e na rúa, focalizando
o interese dos nenos e nenas nos maiores da casa, para tratar de miralos con
outros ollos, máis libre de prexuizos
e dun xeito integral como persoas, mais
ala da faceta familiar e da súa idade.
Bases do
Concurso
O concurso está
destinado a todo o alumnado de educación primaria da provincia de Ourense. Para
elo distribuiranse fichas en todas as aulas para que os e as participantes
realicen un debuxo, con técnica libre, e un slogan coa temática: ¿Que fai ou
sabe facer o teu avó ou avoa mellor que ninguén? ¿Como é para ti o teu avó/túa
avoa? ¿Que é o que máis che gusta do teu avó/túa avoa? ¿Que e o que che
gustaría poder facer co teu avó/túa avoa? Ou calquera pregunta/resposta relacionada.
Os participantes
entregarán os seus traballos no seu centro educativo, para unha vez finalizado
o prazo de entrega, o 28 de abril, facelos chegar a Xefatura Territorial de
Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Ourense, onde os
membros do “Observatorio Contra a Discriminación do Maior” da Área Sanitaria de
Ourense os recollerán. Os mellores debuxos cos seus slogans serán expostos
recibindo un premio por cada ciclo.
Cabalo de Troia
contra o idadismo
A partir dos 4
anos, aproximadamente, os nenos e nenas interiorizan os estereotipos culturais
relativos á idade, os cales dan forma aos seus sentimentos e a súa conduta cara
a persoas de idades diferentes. Estes estereotipos tamén inflúen na forma en
que se comportan e no que pensan de si mesmos, como membros dun grupo etario
determinado.
A aula é unha
contorna idónea para cuestionar os estereotipos culturais predominantes cara ás
persoas novas e as persoas maiores. Establecer unha conversación sobre o
idadismo con nenos e nenas pode contribuír a cambiar a forma de falar e os
discursos sobre a idade, a cuestionar as actitudes idadistas e, en última
instancia, a reducir o idadismo tanto nas aulas como fóra delas.
Por eso co gallo
do concurso o obxectivo do Observatorio e introducir o tema nas aulas, falando
dos esteotipos ligados a idade, tanto dos mozos e mozas como dos maiores,
traballando coas emocións e os preconceptos sobre o envellecemento e a súa
propia idade, contando coa complicidade do profesorado para abordar a temática
adaptada aos distintos cursos.