​A XERENTE DO SERGAS REÚNESE COS PROFESIONAIS DE ATENCIÓN PRIMARIA DOS CENTROS DE SAÚDE DE ARCADE E VILABOA
14 03 2023


A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, reuniuse esta mañá cos profesionais de Atención Primaria dos centros de saúde de Arcade e Vilaboa.

En ambos encontros técnicos, estivo acompañada polo xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores Arias; e pola directora de Atención Primaria desta área de Saúde, Marta Ocampo.

Nas xuntanzas, os responsables do Sergas reuníronse con todos os estamentos dos centros de saúde, co ánimo de repasar os proxectos extratéxicos definidos e tamén abordar as medidas postas en marcha polo Goberno galego para mellorar a Sanidade Pública no ámbito da Atención Primaria, como é o caso da cobertura de prazas por concurso de méritos, diante do problema da falta de facultativos no primeiro nivel asistencial que está a acontecer no conxunto do sistema sanitario público español.

 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde