​NEUMOLOXÍA LEMBRA A IMPORTANCIA DA IMPLICACIÓN DOS PACIENTES DE ASMA NO CONTROL DA SÚA ENFERMIDADE
02 05 2023

A mensaxe do Servizo de Pneumoloxia no Día Mundial da Asma pon a atención na importancia do paciente experto e co-responsable no control da súa enfermidade, xa que que recoñecer os síntomas e saber cando e como empregar o inhalador é clave para evitar, ou limitar, as agudizacións desta enfermidade crónica sen precisar atención urxente ou tratamentos con máis efectos secundarios.

O Servizo de Pneumoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras conta cunha Unidade de Asma Grave, acreditada pola Sociedade Española de Neumoloxía (SEPAR), que atende a unha media de 250 pacientes desta enfermidade respiratoria heteroxénea, xeralmente asociada con inflamación crónica das vías respiratorias e hiperreactividad, que afecta a uns 339 millóns de persoas en todo o mundo.

Pese a creenza popular de que a asma só afecta aos nenos ou incluso que desaparece chegada a idade adulta, trátase dunha enfermidade que pode afectar a calquera idade. Estímase que o 5% da poboación adulta padece asma en España, prevalencia que podería ser máis alta en Galicia chegando a afectar a 5.000 persoas adultas na nosa área sanitaria.

Ademais de por medio das consultas do servizo e as interconsultas con Atención Primaria, os pacientes a seguemento en Ourense, e moi especialmente aqueles cunha patoloxía máis grave, contan cun telefono de contacto directo co Hospital de Día de Pneumoloxía, onde poden chamar para aclarar calquera dúbida, reaxustar o seu tratamento sen esperas, e ser vistos no mesmo día ou en 48 horas.

A unidade de asma de Ourense está atendida Coral González, Raquel Dacal e Abel Pallarés,  neumólogos expertos en asma, e membros do Grupo Galego de Asma da SOGAPAR (Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria). Ademáis contan co apoio de Isabel Rodríguez, enfermeira do Hospital de Día de Pneumoloxía, referente no tratamento e educación terapéutica dos pacientes de Asma, xunto cun equipo profesional con longa experiencia no tratamento dos pacientes con patoloxía respiratorias crónicas.

A experiencia acumulada e especialización desta unidade, convirten a súa mellora, segundo o xefe do Servizo de Pneumoloxía, Abel Pallarés, nun dos obxectivos marcados polo servizo para os próximos anos “potenciando a formación dos membros do servizo, a investigación clínica na devandita patoloxía e o desenvolvemento de programas de atención ao paciente a nivel hospitalario e a domicilio” dí.

Na actualidade máis de 50 pacientes da provincia benefícianse do tratamento con anticorpos monoclonais, que se administran directamente no Hospital de Día. Nos últimos 10 anos estes tratamentos biolóxicos están a revolucionar o tratamento da Asma, mellorando o control de síntomas, diminuíndo os efectos secundarios dos corticoides e aumentando a calidade de vida de moitos pacientes con asma grave. Estas terapias aínda non son extensibles a todos os pacientes, pero cada ano estanse a producir avances que permiten que cada vez máis se podan beneficiar destes tratamentos.

A importancia de empregar correctamente os inhaladores

Para o xefe de servizo e membro da unidade, Abel Pallares “a celebración do Día Mundial da Asma é unha boa oportunidade para chamar a atención sobre esta enfermidade e destacar que o máis importante é manter un bo control e previr os ataques: cumprir o tratamento prescrito por médico, acudir ás consultas médicas programadas e ter un estilo de vida saudable”.

Os tratamentos no caso da asma, como noutras enfermidades respiratorias, son inhalados. Vía empregada para facer chegar o fármaco directamente aos pulmóns. Para esto empréganse inhaladores, dispositivos que se introducen na boca e permiten que un medicamento, atomizado en pingas diminutas, pase coa respiración ás vías aéreas. Desde xeito  a súa acción é máis localizada, rápida e directa pero tamén ten un gran inconveniente: De non usalo ben a súa eficacia será menor.

Por este motivo, é indispensable que o paciente aprenda a utilizalo correctamente, coñeza a técnica e a practique. Hai unha gran variedade de inhaladores pero a súa e técnica é similar unha vez cargada ou indicada a dose: Primeiro realizar unha exhalación prolongada (expulsar todo o aire) seguida dunha inhalación profunda, e tan forte como se poida, ata encher os pulmóns aspirando directamente do inhalador, para despois aguantar a respiración, durante 10 segundos, ou tanto como sexa posible. Ademais cando se requira unha segunda dose: esperar entre 30 e 60 segundos respirando normalmente antes de repetir os pasos anteriores. Ao finalizar é aconsellable realizar unha hixiene oral o enxaugarse a boca con auga. 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde