O SERGAS PUBLICA A RELACIÓN DEFINITIVA DAS LISTAS DE SELECCIÓN TEMPORAL DE DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL MÉDICO
04 05 2023


O Diario Oficial de Galicia​ publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria, médico de admisión e documentación clínica, médico de hospitalización a domicilio e técnico de saúde de atención primaria.

Xeráronse un total de 2.330 inscricións. Resultaron admitidos 2.287 aspirantes. O 18,62% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 2,27% das solicitudes de participación.

O total de aspirantes admitidos por categorías foron 1.991 en facultativos especialistas de área que desempeñan o seu labor nos distintos hospitais do Sergas nas diversas especialidades médicas (anestesia, traumatoloxía, xinecoloxía, otorrino...), 50 en médico de admisión e documentación clínica, 97 en médico de hospitalización a domicilio e 149 en técnico de saúde de atención primaria. As listas das distintas categoría son compatibles polo que algúns aspirantes están inscritos en varias categorías.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 370 facultativos especialistas de área, 13 en médico de admisión e documentación clínica, 32 en médico de hospitalización a domicilio e 19 en técnico de saúde de atención primaria.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Estas listas empezaranse a utilizar para realizar os chamamentos o día 5 de maio de 2023.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde