O 061 DE GALICIA ASISTIU 66 PERSOAS POR 49 ACCIDENTES DE TRÁFICO DURANTE A FIN DE SEMANA
08 05 2023
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 66 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 5 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 7 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 20 accidentes de tráfico.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 66 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61% e do 39% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28% dos atendidos tiña entre 40 e 54 anos.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 23 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia

Accidentes

A Coruña

23

Lugo

6

Ourense

6

Pontevedra

14

Galicia

49

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en oito accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu nunha ocasión, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 49 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en sete accidentes.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde