OS PROFESIONAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE ESCOLLEN A NOVA MESA SECTORIAL DE SANIDADE, QUE ESTARÁ CONFORMADA POLOS SINDICATOS CIG, CSIF,CCOO E UGT
12 05 2023
 


Profesionais de todas as categorías do Servizo Galego de Saúde exerceron o seu dereito ao voto nas eleccións sindicais celebradas onte, día 11 de maio, para elixir aos seus representantes nas xuntas de persoal. Así, o resultado do procedemento deu lugar á nova Mesa sectorial de Sanidade, que estará conformada polos sindicatos CIG, CSIF, CCOO e UGT, e que contarán con 5, 4, 3 e 3 representantes, respectivamente. Así, o sindicato SATSE quedou en quinto lugar.

O persoal do Sergas escolleu un total de 299 delegados, incrementándose esta cifra en 12, en relación coas eleccións celebradas no ano 2019 (287). Así, o proceso contou cun censo de electores de 43.150 profesionais, o que supón un incremento de máis de 3.700 profesionais respecto das elección sindicais celebradas en 2019 (39.445 profesionais).

A participación no proceso electoral foi do 55,60%, unha porcentaxe moi similar á do ano 2019 (56,48%). Ademais, o número de votantes ascendeu até os 23.993, fronte aos 22.277 do ano 2019. 

As candidaturas presentadas nas 11 unidades electorais foron: CIG, CCOO, CSIF, SATSE, UGT e USAE. Así mesmo, tamén se presentaron en determinadas unidades: OMEGA, SESNNLLE, CUT, COBAS e PROSAGAP.

Resultados electorais

No seguinte cadro reflíctese o número de delegados/as de persoal obtido polas candidaturas presentadas no conxunto do Servizo Galego de Saúde:


Sindicatos

Representantes

CIG

68

CSIF

58

CC.OO.

49

UGT

38

SATSE

29

USAE

27

OMEGA

22

PROSAGAP

5

COBAS

3

No anexo final, engádense os resultados por unidades electorais e áreas sanitarias.


Composición da Mesa sectorial

As organizacións sindicais CIG, CSIF, CCOO e UGT, por ter obtido cando menos o 10% dos/as delegados/as de persoal no conxunto das unidades electorais, formarán parte da Mesa Sectorial de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, órgano no que os representantes dos/as traballadores/as que resulten elixidos, negociarán coa Administración as condicións de traballo e retributivas do persoal do organismo nos próximos catro anos.

Os 15 representantes das organizacións sindicais que conforman a nova Mesa Sectorial quedan repartidos do seguinte xeito: 5 CIG, 4 CSIF, 3 CCOO e 3 UGT.

Non obstante, a dita distribución é provisional, pois deriva dos/as delegados/as elixidos/as nas 11 circunscricións electorais tras o escrutinio en cada unha delas, e, polo tanto, está suxeita a eventuais reclamacións.

A Administración quere transmitir os seus parabéns, non xa a aquelas organizacións sindicais cuxos resultados cumprisen ou mellorasen as súas expectativas, senón a todas as participantes, en tanto que a intervención nun proceso destas características representa, de seu, a consolidación do principio democrático; e agarda que a nova composición da mesa sectorial contribúa a manter o nivel de colaboración e negociación dos últimos catro anos, que tivo como resultado acordos tan relevantes como o de carreira profesional, ou o recente Acordo de 20 de abril de 2023 de melloras das condicións de traballo e retributivas.

ANEXO REPRESENTANTES SINDICAIS POR ÁREAS


ÁREA CORUÑA E CEE


CCOO

5

CIG

11

CSIF

7

SATSE

2

UGT

3

USAE

5

OMEGA

4

TOTAL

37


ÁREA DE SANTIAGO E BARBANZA


CCOO

10

CIG

7

CSIF

3

SATSE

2

UGT

8

USAE

2

OMEGA

3

TOTAL

35


ÁREA DE FERROL


CCOO

6

CIG

7

CSIF

4

SATSE

2

UGT

4

USAE

3

OMEGA

1

TOTAL

27


ÁREA DE LUGO, A MARIÑA E MONFORTE


CCOO

7

CIG

19

CSIF

21

SATSE

7

UGT

8

USAE

8

OMEGA

3

TOTAL

73


ÁREA DE OURENSE, VERÍN E O BARCO


CCOO

6

CIG

9

CSIF

11

SATSE

8

UGT

7

USAE

5

OMEGA

2

TOTAL

48


ÁREA DE PONTEVEDRA E O SALNÉS


CCOO

8

CIG

8

CSIF

8

SATSE

4

UGT

6

USAE

1

OMEGA

5

PROSAGAP

1

CO.BAS

3

TOTAL

44


ÁREA DE VIGO


CCOO

7

CIG

7

CSIF

4

SATSE

4

UGT

2

USAE

3

OMEGA

4

PROSAGAP

4

TOTAL

35

Desenvolvemento do proceso electoral

O procedemento iniciouse o pasado día 14 de novembro de 2022, coa promoción das eleccións e aprobación do calendario electoral polas organizacións sindicais, que culmina co acto da votación. Así, o seu seguimento instrumentouse a través da Comisión Central Consultiva, e dos grupos de traballo das áreas sanitarias creados ata a constitución das mesas electorais.

Para o seu desenvolvemento, constituíronse, sen incidencias destacables, 85 mesas electorais repartidas nas 11 unidades electorais (A Coruña e Cee, Santiago e Barbanza, Ferrol, Lugo, A Mariña, Monforte, Ourense e Verín, O Barco, Pontevedra, O Salnés, e Vigo), e distribuídas tanto en centros de saúde como nos hospitais, cun horario de apertura o día da votación de 8:00 á 23.00 horas, o que favoreceu o exercicio do dereito de sufraxio do persoal de todas as quendas (mañá, tarde e noite). 

As referidas mesas están constituídas por 3 membros, o que implica que 255 profesionais do Servizo Galego de Saúde colaboran no proceso, ademais dos interventores e apoderados nomeados polas candidaturas, xunto cos representantes da Administración, coordinadores das xerencias das áreas sanitarias e persoal de apoio. A Administración facilitou, ademais de medios humanos, todos os medios materiais necesarios para o normal desenvolvemento do proceso (censos, urnas, papeletas...).

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde