Hoxe venres, a partir das 19:00 horas, terá lugar o acto
de despedida da promoción de Residentes, de atención hospitalaria, atención
primaria e de enfermeía, que ao longo dos últimos 4 ou 5 anos, estivéronse
formando nos distintos centros da área sanitaria da Coruña e Cee.
Un
total de 94 novos profesionais sanitarios rematan a súa formación. 59
especialistas de diversas disciplinas como análises clínicos, anatomía
patolóxica, anestesioloxía, aparato dixestivo, cardioloxía, medicinas
intensiva, interna e preventiva, neumoloxía, neuroloxía, obstetricia,
otorrinolaringoloxía, pediatría, radioloxía, rehabilitación, traumatoloxía e
uroloxía, así como cirurxía cardíaca, pediátrica, plástica, vascular e xeral,
aos que hai que engadir os 20 de medicina familiar e comunitaria e 15 de
enfermería.
Todos eles recibiron os parabéns e os
diplomas acreditativos que certifican o seu paso formativo polos distintos
centros sanitarios da área de A Coruña.
Na clausura de este acto, acompañarán a
Luis Verde Remeseiro, Rosario López Rico, presidenta da Comisión de Docencia, Nieves
Domínguez, presidenta da Comisión de Docencia de Atención Primaria e Noemi Cortes
Rey, responsable da área de formación de enfermería.