Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 53 persoas debido a 42
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 12 de maio, ata as 23,59
horas do domingo, 14 de maio. O domingo foi o día que rexistrou máis
sinistros, con 20 accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 50 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 42 asistencias sanitarias por parte
do persoal do 061
que
atendeu un total de 53 persoas. A proporción de homes e mulleres
atendidos foi do 67% e do 33% respectivamente. Nas idades dos
feridos, obsérvase que o 31% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
Por
provincias, A Coruña foi
a
que máis sinistros rexistrou con 15 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
15
|
Lugo
|
7
|
Ourense
|
7
|
Pontevedra
|
13
|
Galicia
|
42
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 57. Así, as ambulancias
asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en seis accidentes,
o helicóptero medicalizado atendeu en tres ocasións, as ambulancias
asistenciais de soporte vital básico asistiron en 42 sinistros e os
equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación
das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso
de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.
En
37 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes, en 15 ocasións atendeuse no propio lugar do
incidente e unha persoa faleceu no punto.