Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
74
persoas debido a 58
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 16
de xuño, ata as 23,59 horas do domingo, 18
de xuño. O domingo foi o día que rexistrou máis sinistros, con 26
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de
tráfico. Estas alertas xeraron 58
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 74
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 60%
e do 40%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33%
dos atendidos tiña entre 20
e 34
anos.
Por
provincias, A Coruña foi
a
que máis sinistros rexistrou con 24
accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
24
|
Lugo
|
7
|
Ourense
|
8
|
Pontevedra
|
19
|
Galicia
|
58
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 75.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en oito
accidentes, o
helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións,
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis
accidentes.
En
55
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes,
en
18
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e
unha persoa faleceu no punto.