A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de maneira especial, aos doantes dos grupos A Positivo e 0 Negativo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS. Cómpre lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu gran labor asistencial.
En moitas das tarefas que se realizan a diario nos centros sanitarios de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En determinadas épocas do ano pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os hospitais. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA
|
CONCELLOS
|
Martes
12 de setembro
|
Praza
de España (Ferrol), San Pantaleón (Paderne) e Paderne, A
Laracha, Gaiteira/ Os Castros (A Coruña), Milladoiro (Ames),
Arzúa, Porriño, Navia (Vigo), Ribadeo, Dozón, O Irixo, San
Cristovo de Cea.
|
Mércores
13 de setembro
|
Pontedeume,
Catro Camiños e Monte Alto (A Coruña), Milladoiro (Ames), Praza
Roxa (Santiago), Ferraría (Pontevedra), O Calvario e Valadares
(Vigo), Praza Horta do Seminario e Praza Maior (Lugo), Lugo, A
Cañiza
|
Xoves
14 de setembro
|
Mugardos,Cambre,
Bº Vila Negreira (A Coruña),
Area Central (Santiago), Praza
Roxa (Santiago) ,
Bueu, Ponteareas, Teis (Vigo), Viveiro, O Pos io
(Ourense)
|
Venres
15 de setembro
|
Oza
dos Rios, Arteixo, Obelisco (A Coruña), Boiro, Lestedo
(Boqueixón), Marín, Ponteareas, Teis
(Vigo), Lourenza, O Couto (Ourense).
|
Sábado
16 de setembro
|
Neda,
Arteixo, Boiro, Marín, Rúa Príncipe (Vigo), Ronda das Fontiñas
(Lugo)
|
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO
|
HORARIO
|
HOSPITAL
CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
|
Luns
a venres
das
8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
UNIVERSITARIO DA CORUÑA
|
Luns
a venres
das 8.00 ás 22.00 horas
Sábado
das 8.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL
|
Luns
das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
Venres
das 8.00 ás 22.00 horas
|
HOSPITAL
LUCUS AUGUSTI DE LUGO
|
Luns
e venres das 15.00 ás 22.00 horas
Martes,
mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas
|
PRAZA
PAZ NOVOA Nº 3 DE OURENSE
|
Luns
e venres das 8:00 ás 15:00 horas
|
HOSPITAL
PROVINCIAL DE
PONTEVEDRA
|
Luns
e venres de 08.00 ás 15.00 horas
|
HOSPITAL
NICOLÁS PEÑA DE
VIGO
|
Luns
a venres das 8.00 ás 22.00 horas
Sábados
das 8.00 ás 15.00 horas
|
Doar é moi sinxelo e seguro
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.