Palexco acolle na xornada de hoxe o
VI Curso da Asociación Americana de Uroloxía, na que mais de 100 urólogos
nacionais e internacionais discutirán sobre os últimos avances en patoloxía
urolóxica.
Trátase do VI Curso que
organiza a Asociación Española de Uroloxía en colaboración co servizo de Uroloxía
do CHUAC que dirixe Venancio Chantada Abal.
Ao longo desta
xornada prestixiosos urólogos da Asociación Americana de Uroloxía
exporán os últimos avances nos protocolos presentados no último congreso
americano celebrado en Chicago (EEUU), ademais dunha revisión actualizada de
esas materias.
Nesta VI edición do
curso, un dos primeiros aspectos que se va a tratar é o do capítulo de uroloxía
funcional e feminina, con especial relevancia da incontinencia urinaria e a vexiga
hiperactiva, que provoca importantes limitacións na vida social e laboral do
paciente.
Outro capítulo a
destacar, no que se produciron importantes avances nos últimos anos, é a
abordaxe dos pacientes con cancro de próstata avanzado, con metástase ou nos
que xa se desenvolveu unha resistencia ao tratamento hormonal clásico. Actualizándose
os datos dos novos superantiandróxenos así como outros fármacos de recente
aparición.
Con respecto ás
novidades terapéuticas nos cancros de vexiga e de ril, destacar que a cirurxía
minimamente invasiva conseguiu reducir de xeito importante a morbilidade destas
patoloxías, así como os avances dos tratamentos de inmunoterapia, mellorando considerablemente
a supervivencia destes pacientes permitindo unha mellor tolerancia comparada
cos fármacos utilizados ata o de agora.
Por último, o outro punto de
atención nesta reunión serán os avances mais destacados na cirurxía reconstrutiva utilizando o robot cirúrxico davinci, o que permitiu converter
cirurxías complexas e de longa duración en mais eficientes, cunha menor invasividade e un aumento na
seguridade para o paciente.