Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
57
persoas debido a 40
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 20
de outubro, ata as 23,59 horas do domingo, 22
de outubro. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con
16
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 66
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 40
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 57
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50%
e do 50%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 34,5%
dos atendidos tiña entre 30
e 44
anos.
Por
provincias, A Coruña foi
a
que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante
os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
20
|
Lugo
|
7
|
Ourense
|
5
|
Pontevedra
|
8
|
Galicia
|
40
|
Os recursos
sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na
Central de Coordinación do 061 foron 57.
Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron
en oito
accidentes, o helicóptero medicalizado mobilizouse nunha ocasión,
as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 46
sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan
a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do
061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dous
accidentes.
En
48
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes,
en
oito
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e
unha persoa faleceu no punto.