Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana
51
persoas debido a 40
accidentes
de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado
comprende desde as 15,00 horas do venres, 17
de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 19
de novembro. O domingo
foi o día que rexistrou máis sinistros, con 21
accidentes de tráfico.
A
Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos
prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia,
recibiu nestes días 52
chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas
xeraron 40
asistencias sanitarias por parte do persoal do 061
que
atendeu un total de 51
persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 58%
e do 42%
respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase
que o 28%
dos atendidos tiña entre 40
e 54
anos.
Por
provincias, A
Coruña
foi
a
que máis sinistros rexistrou con 15
accidentes
de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
Provincia
|
Accidentes
|
A Coruña
|
15
|
Lugo
|
6
|
Ourense
|
7
|
Pontevedra
|
12
|
Galicia
|
40
|
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as
chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 42. Así, as
ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 12
accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico
asistiron en 28 sinistros e os equipos sanitarios de Atención
Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de
soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron
asistencia sanitaria en dous accidentes.
En
36
casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios
correspondentes e en 15
ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.