O uso de simuladores tecnolóxicos para a artrocentese (extracción de
líquido sinovial do espazo articular con fins diagnósticos ou terapéuticos)
ofrece unha forma efectiva e segura de aprender e mellorar as habilidades necesarias
para levar a cabo este procedemento médico, o que en última instancia mellora a
calidade de atención para os pacientes.
O proxecto “Manexo clínico dunha persoa con monoartrite: entorno con
realidade virtual inmersiva”, foi galardoado na III edición dos Premios Ennova
Health 2023 na categoría de Telesalud
y e-learnig, e desenvolto no Servizo de Reumatoloxía do Complexo
Hospitalario Universitario da Coruña e na Fundación Profesor Nóvoa Santos.
Nel participaron ademais, os hospitais Universitario de Salamanca,
Universitario Dr. Balmis de Alicante e o departamento de anatomía humana da
Facultade de medicina da Universidade de Salamanca, co desenvolvemento
tecnolóxico de ARSOFT do Parque Científico Universidade de Salamanca.
Neste proxecto preséntase un simulador interactivo mediante realidade
virtual inmersiva, na que o participante vive a experiencia de practicar o
manexo clínico e a toma de decisións ante un “paciente” que presenta unha
monoartrite nunha consulta médica.
A adopción de simuladores tecnolóxicos demostra un enfoque innovador e
actualizado cara á formación médica, ademais de diminuír os custos asociados co
uso de materiais médicos e evitando a necesidade da presenza de pacientes reais
para prácticas e adestramento.
Unha formación médica de calidade debe responder as necesidades sociais, as
cales repercuten no conxunto das contornas educativas nos que a persoa se
desenvolve.
As contornas formativas tanto universitarias como as de formación de
médicos comezan a introducir modificacións nos sistemas de ensino que leva aos
profesionais docentes a asumir novas responsabilidades, baseadas no manexo e
utilización de tecnoloxías emerxentes.
A simulación clínica con tecnoloxías xurdiu como unha poderosa ferramenta
no campo das ciencias da saúde, revolucionando a forma en que os futuros
profesionais se prepáranse para enfrontar os desafíos do mundo real.
Os simuladores tecnolóxicos permiten aos profesionais da saúde practicar e
mellorar as súas habilidades en artrocentese o que proporciona unha contorna
segura para aprender e perfeccionar a técnica.