COMESAÑA ASISTE Á CEA DE PECHE DAS XXX XORNADAS INTERNACIONAIS DE COLOPROCTOLOXÍA ‘ENRIQUE CASAL’
08 03 2024

O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, asistiu esta noite á cea oficial das XXX Xornadas Internacionais de Coloproctoloxía ‘Enrique Casal’ celebrada no Pazo de Cea. 

Desde o mércores, déronse cita no Parador de Baiona especialistas da unidade de coloproctoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, ademais de profesionais do resto de España, de Italia, Reino Unido, Francia, Países Baixos e Portugal.

Entre os temas tratados nas xornadas están a cirurxía robótica, a enfermidade de Crohn ou o cancro de recto.

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde