Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
Ramiro Carregal doa 30.000 euros a Oncomet para a investigación contra o cancro
20 11 2018

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2018.- O fundador de Frinsa, Ramiro Carregal, na súa aposta pola investigación oncolóxica, visitou este luns as instalacións e o laboratorio do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela realizando unha doazón de 30.000 euros para o estudo do cancro. Esta doazón, que segundo Carregal, nace con intención de continuidade, distribuirase en proxectos que desenvolve o grupo de investigación para identificar marcadores tumorais que melloren o manexo clínico dos pacientes con cancro.

 

Ramiro Carregal durante a súa visita a Oncomet estivo acompañado pola xerente do CHUS, Eloína Núñez, e polo xefe do servizo de oncoloxía e director do grupo, Rafael López que agradecía ao presidente de Frinsa "a súa xenerosidade e sobre todo a súa implicación coa investigación oncolóxica sen a que sen dúbida algunha sería imposible avanzar na loita contra o cancro”.
O xefe do servizo de Oncoloxía do CHUS e director de Oncomet facía fincapé unha vez máis en que “un dos retos prioritarios na loita contra o cancro é reforzar a investigación oncolóxica como factor esencial para frear a progresión da enfermidade e optimizar a supervivenza e calidade de vida das persoas afectadas”. “A investigación e a medicina personalizada é a única forma de avanzar na loita contra o cancro”, sinalaba.
Segundo López é imprescindible “concienciar á sociedad para que impulse e outorgue o xusto recoñecemento ao esforzo dos investigadores, así como manter e potenciar o compromiso social e das institucións polo progreso en oncoloxía”.

Pola súa parte, Ramiro Carregal deixaba constancia do seu compromiso no ámbito da investigación e da súa satisfacción “ao volver a este hospital público e universitario e facelo por un motivo como o que nos trae hoxe aquí: colaborar coa investigación oncolóxica”. Durante a súa intervención, o xerente de Frinsa aproveitou para realizar un chamamento a

toda a sociedade “para investigar máis e máis rápido e poder salvar máis vidas” e recordou o seu apoio á campaña de micromecenazgo promovida por Oncomet hai xa dous anos a favor del estudio da biopsia líquida. “Un proxecto pioneiro e que está dando moitas esperanzas á comunidade médica e aos enfermos de cancro” -destacaba- que logrou chamar a atención sobre a necesidade de axudar en la investigación sanitaria”.

Hai un mes Ramiro Carregal asinaba un acordo nestas mesmas instalacións para fomentar a investigación en cardioloxía e hai uns catro días abríase o prazo para optar ao máis que consolidado Premio Internacional de Investigación Oncolóxica Ramiro Carregal que el mesmo patrocina e cuxo presidente executivo é o doutor Rafael López.


Actualización en cancro de ovario
En consonancia co seu labor divulgador na loita contra o cancro, o próximo mércores, 21 de novembro, Oncomet en colaboración con AstraZeneca, organiza unha xornada na que o doutor Antonio Casado, responsable do Servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico San Carlos dará conta dos últimos avances en cancro de ovario. A charla, dirixida ao personal do CHUS, terá lugar na Aula 1 Planta 0 do Hospital Clínico de Santiago ás 13,30 horas.

En concreto centrarase nun ensaio clínico publicado polo New England Journal of Medicine no que simultáneamente se comparaba a evolución de pacientes con cancro de ovario tratadas con quimioterapia e un novo fármaco, Olaparib, fronte á quimioterapia e placebo, o que demostrou a redución do risco de progresión da enfermidade do 70% cando se administraba o fármaco.


 

Saúdos

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss