Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O Diario Oficial de Galicia publica o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do grupo auxiliar da función administrativa do Sergas
25 03 2019
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 1 de marzo de 2018 para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa. As probas selectivas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra) o domingo día 7 de abril, ás 15:30 horas.
 
Neste proceso ofértanse un total de 209 prazas, das cales 93 corresponden á quenda de acceso libre, 105 á de promoción interna, e 11 á de discapacidade xeral. En total resultaron admitidas 9.085 persoas aspirantes das cales 8.148 corresponden á quenda libre, 573  á de discapacidade xeral e 364 á de promoción interna.
 
Coordinación procesos selectivos no ámbito do Sistema Nacional de Saúde
Cómpre lembrar que os días 9 e 10 de marzo desenvolvéronse os exercicios da fase de oposición para o ingreso na categoría de celador. Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección dos aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade. Así púxose a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición que garante a trazabilidade de todo o proceso e permite a selección aleatoria e automatizada das preguntas de exame.
 
Tamén está previsto que o vindeiro 12 de maio teñan lugar as probas selectivas para o acceso á categoría de enfermería.
 
Co desenvolvemento dos procesos selectivos para o acceso a estas tres categorías (celador, auxiliar da función administrativa e enfermería), o Sergas cumprirá cos compromisos de coordinación dos procesos selectivos entre as Comunidades Autónomas, adquiridos no ámbito da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde.
 

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss