Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
A PORCENTAXE DE PARTICIPACIÓN NA OPE PARA A CATEGORÍA DE GRUPO AUXILIAR DA FUNCIÓN ADMINISTRATIVA DO SERGAS SUPERA O 65,13%
07 04 2019
 

​Un total de 5.918 aspirantes acudiron esta tarde ao Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra) para realizar os exames do concurso oposición correspondentes á categoría de grupo auxiliar da función administrativa nas quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral. O número de persoas que estaban admitidos nesta quenda eran un total de 9.087; o que supón unha participación do 65,13%.

Neste proceso selectivo ofértanse 209 prazas ofertadas, 93 corresponden á quenda de acceso libre, 105 á de promoción interna e 11 á de discapacidade..

Cómpre destacar que dos máis de 9.000 admitidos, o 17,56% teñen actualmente vínculo activo co Sergas, o 1,20% proveñen de fora de Galicia, o 40,99% teñen menos de 40 anos e o 80,39% do total de convocados son mulleres.

 

Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzáronse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo deste xeito o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame.

 

 
Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss