Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade Servizo Galego de Saúde Sala de comunicación
O Sergas convoca un concurso-oposición con 169 prazas para enfermería especialista e 71 para fisioterapeuta
15 05 2019
 

​O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, as convocatorias de concurso-oposición para o ingreso nas categorías de fisioterapeuta e enfermería especialista nas especialidades de  traballo, saúde mental, familiar e comunitaria, obstétrica e xinecolóxica e enfermería pediátrica.  

Neste proceso ofértanse un total de 169 prazas para enfermería especialista que se reparten en 30 en saúde mental, 30 en enfermería familiar e comunitaria, 89 en enfermería obstétrico-xinecolóxica, 18 a enfermería pediátrica e 2 en enfermería do traballo. Tamén se ofertan outras 71 prazas para a categoría de fisioterapeuta.
 
Este é o primeiro proceso selectivo que se convoca en execución do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, que crea a categoría de enfermería especialista no Servizo Galego de Saúde. A intención da  administración é impulsar as especialidades de enfermería, coa progresiva dotación de prazas e a incorporación a estas de persoal titulado en condicións de pleno recoñecemento normativo e profesional. Galicia foi pioneira en  crear a categoría de enfermería especialista
 
As persoas interesadas en participar no proceso selectivo, deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo, os requisitos recollidos na base II da convocatoria.
 
Como novidade neste proceso, realizarase a verificación de certos requisitos de participación a través da plataforma de interoperabilidade da Xunta de Galicia (PasaXe!). Isto implica que os aspirantes que non se opoñan no formulario de solicitude de participación á consulta a través da plataforma de interoperabilidade, non terán a obriga de achegar documentación acreditativa como o DNI ou NIE, o certificado de discapacidade ou o certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial se foron expedidos por organismos da Comunidade Autónoma de Galicia, e a certificación de antigüidade como demandante de emprego e de non percibir no momento actual prestación ou subsidio por desemprego, en calquera parte do territorio nacional.
 
Fóra destes supostos e no caso de opoñerse á consulta, os aspirantes deberán achegar a documentación acreditativa dos requisitos tal e como se viña facendo habitualmente. A comprobación do requisito realizarase de xeito automático no momento de confirmar  a inscrición e poderá confirmarse con posterioridade polo órgano convocante.
 
Os méritos a ter en conta na fase de concurso son os recollidos no Anexo IV da convocatoria e as persoas interesadas deberán rexistralos debidamente no seu expediente profesional electrónico e acreditalos documentalmente na forma e prazos indicados na convocatoria. 
 
Nesta convocatoria habilitouse a opción de presentación da instancia de participación no proceso electronicamente, mediante a súa sinatura con certificado dixital ou DNI electrónico.
 
O formulario de inscrición estará dispoñible a partir do día 16 de maio en FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE e o prazo remata o 17 de xuño de 2019.
Enfermería

A día de hoxe, o Sergas conta con máis de 10.500 profesionais de enfermería no seu cadro de persoal, 700 máis dos que había no ano 2008. A ratio en Galicia é de 4 enfermeiras por cada 1.000 habitantes, cifra mellor que a media do Sistema Nacional de Salud, que presenta unha ratio media de 3,6.
 
Próximas publicacións
Proximamente, está prevista a publicación das convocatorias de concurso oposición para o acceso ás categorías de médico de familia de atención primaria, odontólogo e pediatra de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería.

 

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Internet e ti | Contacte
rss