Hoxe
lunsmarmérxovvensabdom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031
Novas
Ten dispoñibles para consulta 1114 novas
28 05 2024 O SERVIZO GALEGO DE SAÚDE COMEZA COS PRIMEIROS PROXECTOS DA SÚA ESTRATEXIA DE ECONOMÍA CIRCULAR 2030

Un comité de 20 especialistas será o encargado de desenvolver durante os vindeiros seis anos a estratexia que situará Galicia na vangarda da protección do medio ambiente

27 05 2024 RUEDA ANUNCIA QUE A XUNTA INCORPORA SETE NOVAS PATOLOXÍAS AO SISTEMA DE GARANTÍA DE TEMPOS MÁXIMOS DE ACCESO ÁS PRESTACIÓNS SANITARIAS

Salienta que se eleva a 115 as patoloxías graves nas que os pacientes teñen garantido o acceso “a unha primeira consulta ou proba en 45 días” e unha cirurxía “nun máximo de 60 días”

27 05 2024 ​O 061 MELLORARÁ A ASISTENCIA Á PARADA CARDIORRESPIRATORIA COA INTEGRACIÓN DO REXISTRO ARIADNA E AS INDICACIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR GUIADA

Desde a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 poderá chamarse por teléfono, directamente, aos voluntarios inscritos no Rexistro Ariadna para que apliquen o desfibrilador semiautomático externo máis próximo e á maior brevidade

27 05 2024 ​A SANIDADE PÚBLICA GALEGA CONVÉRTESE NA PRIMEIRA DE ESPAÑA EN CERTIFICAR TODOS OS SEUS SERVIZOS TECNOLÓXICOS SEGUNDO O ESQUEMA NACIONAL DE SEGURIDADE

A Xunta acredita a ciberseguridade da historia clínica, a xestión dos recursos humanos e oposicións, a información da tarxeta sanitaria ou servizos á cidadanía, como a cita previa ou a prescrición farmacéutica

27 05 2024 PROFESIONAIS DO CENTRO DE SAÚDE DE FENE E DE NARÓN OFRECEN PÍLULAS INFORMATIVAS SOBRE A SAÚDE DA MULLER

Pola conmemoración do Día Internacional de Acción pola saúde das mulleres, colaboran co Concello de Fene, e, a estas pílulas informativas diarias en Radio Fene, súmase unha andaina polo paseo marítimo de San Valentín, martes, ás 11:00

Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde